Michel chegou a Galicia hai máis de tres décadas. Natural de Bélxica, decidiu instalarse na comunidade cando o seu fillo aínda era pequeno. "O meu fillo xa ten 33 anos, así que fai máis de 30 que vivo aquí", explica. Durante todo este tempo, a súa relación coa lingua galega foi medrando pouco a pouco,…
"Amo moitísimo Galicia e unha das cousas que sempre quixen foi falar a vosa lingua". Así comeza o relato de Gabriela, unha boliviana que chegou á Coruña hai case sete anos e que decidiu, de maneira consciente, facer do galego unha parte central da súa vida. A súa historia, contada con entusiasmo e moita emoción,…
Manuel, natural de Madrid e residente en Ferrol desde hai preto de catro anos, é un dos moitos exemplos de neofalantes que deciden incorporar o galego ao seu día a día como forma de integración, interese cultural e compromiso persoal coa lingua do país que os acolle. "Cando cheguei a Ferrol non coñecía a ninguén,…
Juan Carlos é arxentino, oriúndo de Córdoba, pero vive e traballa en Foz, onde rexenta unha casa de turismo rural e tamén exerce de guía en Finca Galea. O seu contacto co galego foi medrando pouco a pouco ata que decidiu dar o paso de aprender a lingua e convertela en parte do seu día…
Isa Bermúdez, artista plástica de Carballo, sempre estivo rodeada de galego, pero non foi ata a adolescencia cando se plantexou incorporalo á súa vida diaria. Criada nun fogar castelanfalante debido ás orixes extremeñas da súa nai e á emigración da súa familia a Alemaña, explica que, malia que a súa contorna familiar máis ampla falaba…
Como "galega de toda a vida" defínese Sabela Rial, tras escoitar a lingua en todo eido dende a nenez. Hai dous anos atopou no compromiso "de identidade" do uso do catalán, idioma de seu mozo, o punto de inflexión que a fixo galegofalante: “Seino falar, gústame falalo, as miñas amigas son case todas galegofalantes… Por…
Cunha bagaxe familiar transoceánica, Luz Darriba mantén a lingua herdada do seu pai na súa volta a Lugo dende Uruguai. Mantén, do mesmo xeito, o brillar e resplandor do sol latino. Toda unha sinerxia de culturas, como a que lle vén á cabeza ao escoitar "levedar". Dende o seu compromiso co feminismo e o mantemento dunha…
O teense Andrés Couso anima a todos a "subir ao tren" de falar galego, realizando unha viaxe da que "é difícil saír". Como acontecera coa súa nai, Andrés foi educado en lingua castelá. No referente ao uso do galego dentro do contexto familiar, este neofalante apunta unha referencia clara: seu bisavó. Este explica o sentir…