A faceta de Emilia Pardo Bazán como precursora da literatura criminal e policial en España será o eixo da xornada coa que a Casa-Museo que leva o seu nome conmemorará o vindeiro 16 de setembro os 175 anos do nacemento da escritora coruñesa. O encontro combinará investigación académica, literatura contemporánea e música para revisar o…
O Colexio M. Peleteiro acolleu este xoves a entrega da 54ª edición dos Premios Literarios Minerva, nun acto celebrado no salón de actos do centro que reuniu autoridades, membros da organización, alumnado, familiares e representantes dos centros educativos participantes.
A cerimonia estivo conducida pola estudante de 2º de Bacharelato Marta Arce, encargada de presentar o…
A editorial galega Boadicea Editora lanzará a próxima semana a que será a primeira tradución ao galego dunha novela de Stephen King , nun movemento que marca un fito no sistema literario galego. A obra escollida é Salem’s Lot, publicada orixinalmente en 1975 e considerada un dos títulos fundamentais do xénero do terror contemporáneo.…
Coincidindo coa celebración do Día Mundial da Poesía, Afundación, a Obra Social de Abanca, xunto coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Centro PEN de Galicia, anunciaron a convocatoria da vixésimo cuarta edición do Premio de Poesía, unha iniciativa orientada a promover o uso do galego na creación poética.
O certame está aberto…
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) dará un novo paso na súa relación co ámbito literario palestino coa sinatura dun convenio de colaboración coa Unión Xeral de Escritoras e Escritores Palestinos, un acordo que se formalizará coincidindo coa entrega do recoñecemento ao Escritor Galego Universal 2026.
O acto terá lugar no…
O escritor, filólogo, docente e académico Xesús Alonso Montero faleceu este xoves en Vigo, a súa cidade natal, aos 97 anos de idade. Figura central da cultura galega contemporánea, foi membro numerario da Real Academia Galega desde 1993 e exerceu como presidente da institución entre 2013 e 2017.
Licenciado en 1953 pola Universidade Central…
O Festival Eñe incorpora de novo un espazo dedicado á creación galega a través da sección Ventá á literatura galega, que contará esta fin de semana coa presenza do director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo. Desde Madrid, o responsable autonómico destacou “a forza e a diversidade de linguaxes que abrangue a nosa cultura”, unha…
A Xunta de Galicia, xunto coa Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal e outras entidades colaboradoras, abre a convocatoria para a 11ª edición do Premio Literario Nortear, un certame que busca impulsar a creatividade da mocidade de ambos territorios e fortalecer os vínculos culturais a través da literatura.
O galardón está…