O Proxecto Nós presentou este mércores no Parlamento Europeo Arena Nós, unha ferramenta en desenvolvemento coa que pretende avaliar ata que punto os grandes modelos de intelixencia artificial representan correctamente a lingua e a cultura galegas e comparar a súa capacidade para realizar tarefas en galego.
A iniciativa foi presentada durante o encontro 'The role…
O Observatorio de Software de Código Aberto da Comisión Europea (OSOR) situou a infraestrutura pública de intelixencia artificial ALIA como un caso relevante dentro da estratexia europea para desenvolver modelos abertos, reutilizables e capaces de traballar en contextos multilingües. O proxecto estatal incorpora expresamente entre os seus obxectivos o desenvolvemento das tecnoloxías da linguaxe para…
A Universidade de Santiago de Compostela acolleu este mércores o Foro ALIA de Tecnoloxías da Linguaxe e Industria, unha iniciativa promovida polo Proxecto Nós no marco de ALIA que busca reforzar a colaboración entre o ámbito académico, a investigación e o tecido empresarial arredor das tecnoloxías lingüísticas baseadas en intelixencia artificial.
O encontro, celebrado no…
A Universidade de Santiago de Compostela consolidará a súa posición no desenvolvemento de tecnoloxías lingüísticas en galego tras recibir a confirmación dun novo apoio económico por parte do Goberno central para avanzar na creación de modelos de intelixencia artificial (IA) adaptados á lingua propia de Galicia.
A continuidade deste respaldo foi trasladada pola secretaria de Estado…
A investigadora Iria de Dios Flores (Vigo, 1990) desenvolve a súa carreira científica no ámbito da lingüística computacional e a intelixencia artificial, un campo no que analiza como funcionan os modelos lingüísticos artificiais e como poden contribuír ao estudo da linguaxe humana. O seu traballo tamén aborda un reto central das tecnoloxías actuais: a presenza…
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, defendeu a necesidade de garantir a presenza do galego en todos os ámbitos da sociedade, incluídos os espazos tecnolóxicos emerxentes, e apostou por reforzar as políticas de promoción lingüística a través do consenso político e da implicación social. Así o expresou durante unha entrevista radiofónica na que analizou…
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, subliñou en Santiago o compromiso da Xunta de Galicia “con fomentar a presenza dixital do galego, incorporándoo ás novas linguaxes e favorecendo o seu uso nas plataformas tecnolóxicas, un eido no que estamos dando grandes pasos”. Fíxoo durante a xornada Tecnoloxía en galego. Resultados de ILENIA–Proxecto Nós, un…
O Instituto da Lingua Galega (ILG) vén de anunciar a celebración do Simposio ILG 2025, que terá lugar entre os días 18 e 20 de novembro na Facultade de Filoloxía da USC. O encontro, que tamén poderá seguirse a través da canle de Youtube do ILG, xa ten aberto o prazo de inscrición ata o…