Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

O galego cruza fronteiras: trece anos levando a lingua e a cultura de Galicia ás rúas de Perugia

A lingua e a cultura galegas levan trece anos contando cun espazo de difusión na cidade italiana de Perugia. O Centro de Estudos Galegos, vinculado á universidade da cidade, desenvolve unha actividade que combina o ensino, a investigación e a organización de propostas culturais abertas á cidadanía. O pasado 29 de outubro, a institución celebrou…

MoOoM, neofalante e artista: “É importante non perder a lingua, pero moito máis non perder a fala”

MoOoM criouse en Pontevedra, aínda que a súa familia é de Bueu e de Cotobade. Dedicada á música e á xestión cultural, a artista forma parte das persoas que decidiron adoptar o galego como lingua habitual despois de medrar nunha contorna maioritariamente castelanfalante. No seu caso, a decisión estivo vinculada á identidade galega, á recuperación…

Investigadoras da USC alertan da perda de variantes lingüísticas co uso da IA nas transcrición da lingua oral

Os sistemas de intelixencia artificial capaces de converter a fala en texto poden modificar palabras, eliminar características dialectais e mesmo transformar a lingua empregada por unha persoa durante unha conversa. Estas son algunhas das dificultades identificadas polas investigadoras Adina Vladu e María Pérez Lago, que este xoves participaron na IV Xornada sobre Variación e Cambio…

Rubén Gutiérrez, o madrileño que aprendeu galego no rural e acabou facendo música na lingua que o acolleu

Rubén Gutiérrez naceu en Madrid e pasou a súa infancia en Fuenlabrada, unha cidade do sur da comunidade madrileña. Sen antecedentes familiares en Galicia nin contacto habitual coa lingua galega, decidiu trasladarse coa súa parella a unha pequena aldea de Quiroga cando tiña 23 anos. O que comezou como unha mudanza motivada polo desexo de…

María, neofalante de Vigo: “Ás veces custa manterse no galego, pero hai que comezar con pequenos xestos”

María Pereira Otero naceu en Vigo nunha familia na que o galego estaba presente, pero non era a lingua habitual de comunicación. Hoxe traballa no ámbito da xestión cultural e mantén unha relación estreita co idioma tanto na súa vida profesional como persoal. Porén, o seu camiño como neofalante comezou en Santiago de Compostela, cando…

Florencia Xoubanova, neofalante de Vigo: “Tiña medo a errar e a falar mal, e tardei tempo en soltarme co galego”

Florentina Xoubanova naceu en Vigo hai máis de seis décadas e medrou nunha contorna na que o galego practicamente non formaba parte da súa vida cotiá. Nin na familia nin no círculo social no que se movía era unha lingua habitual. Hoxe, despois de case 30 anos como bibliotecaria do Instituto da Lingua Galega (ILG),…