Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Os lectorados de 2026 levan o ensino do galego a nove universidades de Europa e Brasil

A rede de lectorados de lingua, literatura e cultura galegas encara o curso 2026/27 coa renovación dunha parte importante do persoal que desenvolve tarefas de ensino, formación e difusión do idioma en universidades de fóra de Galicia. As resolucións definitivas publicadas este mes pola Secretaría Xeral da Lingua deixan cubertos nove destinos universitarios, sete mediante…

O ensino de galego continuará no Instituto Cañada Blanch de Londres cunha solución transitoria para 2026/27 e unha praza estable desde 2027/28

O ensino de Lingua e Literatura Galegas manterase no Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres. Tras a incerteza arredor da continuidade da materia, a Xunta informou este 14 de agosto de 2026 de que o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes se comprometeu a convocar unha praza docente para que este ensino dispoña…

A Xunta convoca bolsas para ensinar galego en universidades de cinco países con máis de 433.000 euros de investimento

A Xunta de Galicia abriu este venres o prazo para solicitar as bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas que se desenvolven en universidades de Europa e América. A iniciativa, promovida pola Consellería de Cultura, conta cunha dotación económica de 433.353 euros e busca favorecer a especialización de titulados universitarios ao…

A CIG-Ensino reforza a campaña “Eu ensino en galego” cunha nova guía para os centros educativos

A CIG-Ensino vén de presentar unha nova ferramenta dentro da campaña “Eu ensino en galego”, iniciada no comezo do presente curso académico, coa publicación dunha “Guía para a normalización lingüística desde os Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua Galega (ENDLG)”, elaborada pola docente Valentina Formoso Gosende. A iniciativa enmárcase nun contexto que o sindicato…

O programa de ensino de galego en territorios limítrofes consolídase con 1.207 estudantes

O Programa de promoción do galego nos territorios de Castela e León limítrofes con Galicia confirma a súa consolidación ao chegar neste curso 2025-2026 ás 1.207 persoas matriculadas, unha cifra que supón un incremento de case trinta estudantes respecto ao ano académico anterior. Así o trasladou a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude tras a…

Paula Teixeira: como ensinar galego a neofalantes desde Escocia

Paula Teixeira, doutora en Lingüística (2024) pola universidade de Glasgow en Escocia. Foi lectora de galego na Universidade de Cork (Irlanda) e agora mesmo está levando adiante unha investigación posdoutoral con especial interese na regueifa. Este traballo enmárcase dentro dun proxecto moito máis amplo levado adiante desde a Universidade de Glasgow sobre linguas minorizadas e…