Paige Barton é dos Estados Unidos e está facendo unha tese doutoral do galego, xa que lle interesan moito as linguas minorizadas.
Cre que a xente de Galicia se sorprende moito ao escoitar aos estranxeiros falar galego, pero para ela é unha forma de deixar pegada neles, para que se animen a comezar: "Falade galego porque…
William McGrew ten 28 anos e é da Luisiana, dos Estados Unidos, e veu a Galicia polo seu amor á lingua como xornalista e economista, xa que considera que a lingua "é unha parte esencial da identidade dun pobo".
Ademais, a súa avoa era de Mugardos, aínda que na casa non se falou nunca galego, por…
Aila Weng ten 26 anos e é do Barco de Valdeorras, aínda que agora vive na Coruña, xa que traballa como adestradora.
Leva menos dun ano falando galego, desde outubro, pero ten claro que para ela é "un privilexio poder contar coa lingua galega", polo que quere seguir fálandoa en todos os ámbitos da súa vida.
Telmo Cillero, de 33 anos e nado na Coruña, sempre falou en castelán, pero un día decidiu mudar de lingua porque sabía que os seus antepasados falaran esta lingua.
Para el, "recuperar a lingua é cuestión de orgullo e de amor propio" e di que se sente moito mellor consigo mesmo desde que fala galego.
Carmen Veiga naceu en Madrid, pero casou cun barreirense e xa pasou toda a vida en Galicia.
Di que ao principio, cando empezou a falar galego, ríanse dela, polo que decidiu levar o galego ás aulas, onde os nenos non eran tan crueis.
Agora e desde aquela, sempre fala en galego porque explica "eu sei falar moi…
Álex Rodríguez é da Coruña, aínda que agora está estudando en Santiago.
Comezou hai tres anos a falar en galego e pouco a pouco foi trasladando a lingua á súa vida.
Anima a todos a que o falen, a pesar do estigma e de que nas urbes como na Coruña, de onde vén, haxa prexuízos porque pensa…
Simone Saibene é director de cine e naceu en Italia e xa comezou a ter interese polo galego alí.
Despois, decidiu vir a Galicia e desde 2012 fala galego asiduamente, xa que toda a súa vida é en galego.
En Ourense, ten un programa de televisión en Telemiño, un programa de radio en Onda Cero e tamén…
Adela Figueroa Panisse falou castelán ata que chegou á universidade, onde sentiu o estigma.
Aínda así, sempre tivo claro que defender o galego era unha loita, que ademais se parecía á do feminismo.
Explica que moitas mulleres, pola situación de discriminación por ser mulleres e falar en galego, decidiron non transmitir a lingua ás súas crianzas, o…