MoOoM criouse en Pontevedra, aínda que a súa familia é de Bueu e de Cotobade. Dedicada á música e á xestión cultural, a artista forma parte das persoas que decidiron adoptar o galego como lingua habitual despois de medrar nunha contorna maioritariamente castelanfalante. No seu caso, a decisión estivo vinculada á identidade galega, á recuperación…
Rubén Gutiérrez naceu en Madrid e pasou a súa infancia en Fuenlabrada, unha cidade do sur da comunidade madrileña. Sen antecedentes familiares en Galicia nin contacto habitual coa lingua galega, decidiu trasladarse coa súa parella a unha pequena aldea de Quiroga cando tiña 23 anos. O que comezou como unha mudanza motivada polo desexo de…
María Pereira Otero naceu en Vigo nunha familia na que o galego estaba presente, pero non era a lingua habitual de comunicación. Hoxe traballa no ámbito da xestión cultural e mantén unha relación estreita co idioma tanto na súa vida profesional como persoal. Porén, o seu camiño como neofalante comezou en Santiago de Compostela, cando…
Florentina Xoubanova naceu en Vigo hai máis de seis décadas e medrou nunha contorna na que o galego practicamente non formaba parte da súa vida cotiá. Nin na familia nin no círculo social no que se movía era unha lingua habitual. Hoxe, despois de case 30 anos como bibliotecaria do Instituto da Lingua Galega (ILG),…
Hai aproximadamente dez anos, cando Julia chegou por primeira vez a Galicia dende Washington DC, aínda non dominaba o castelán e o galego era para ela unha lingua practicamente descoñecida. Hoxe, con 33 anos e instalada desne hai dous meses na Coruña, escolle precisamente o galego para relacionarse con boa parte das persoas que atopa…
Natalio García chegou a Galicia dende Tenerife cando tiña 18 anos. Viña estudar a Santiago de Compostela e o contacto directo coa sociedade e coa cultura galegas fíxolle entender que aprender a lingua era tamén unha maneira de formar parte do lugar no que comezaba unha nova etapa da súa vida. Anos despois, xa residente…
Mohamed naceu en Murcia e chegou a Galicia arredor do ano 2020. Agora é alumno de 4º da ESO no IES Rafael Dieste e participa no proxecto 'Aquí tamén se fala', unha iniciativa que, segundo explica, encaixa coa súa maneira de entender a lingua: non só como unha materia escolar, senón tamén como unha ferramenta…
Amaia naceu na Arxentina, ten sangue mapuche-tehuelche e medrou nun pobo con orixes galesas. Agora é alumna de 4º da ESO no IES Rafael Dieste e participa no proxecto 'Aquí tamén se fala', unha iniciativa que dá voz ao alumnado que incorpora o galego á súa vida cotiá desde traxectorias persoais diversas.
No seu caso,…