Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

All Posts

Viewing 1-8 posts

Boimorto busca recuperar os nomes da súa terra coa axuda de maiores e escolares

A campaña 'Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra' fará parada este venres en Boimorto cunha sesión que procurará implicar distintas xeracións na conservación dos nomes tradicionais do territorio. A actividade celebrarase a partir das 11.00 horas na Casa da Cultura e reunirá alumnado do CPI Armando Cotarelo Valledor, persoas usuarias do Centro de Maiores…

Vinte persoas de oito procedencias aprenden galego en Valga para empregalo en situacións da vida diaria

Vinte persoas participan en Valga nun curso de iniciación á lingua e á cultura galegas que busca facilitar a integración sociocultural das persoas procedentes do exterior e proporcionarlles recursos para utilizar o idioma en situacións cotiás. A formación comezou en setembro e continuará ata finais de outubro cun total de 20 horas de clases no…

González Seoane propón un novo dicionario descritivo para documentar o galego que realmente se usa

O lingüista Ernesto González Seoane propón abrir unha nova etapa na lexicografía galega coa elaboración dun dicionario descritivo de nova planta que permita documentar coa maior amplitude posible o léxico realmente empregado polos falantes e complementar así a función normativa que actualmente desempeña o dicionario académico. A proposta foi formulada este 3 de outubro durante…

A Xunta resolve as axudas para levar a literatura galega a outras linguas e incorporar obras estranxeiras ao galego

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude resolveu as convocatorias de axudas de 2026 destinadas a financiar a tradución de obras literarias desde e cara ao galego, dúas liñas coas que se busca tanto favorecer a difusión exterior da produción editorial galega como ampliar a oferta de títulos dispoñibles na lingua propia de Galicia. As resolucións,…

O Proxecto Nós leva a Bruxelas unha ferramenta para saber que IA funciona mellor en galego

O Proxecto Nós presentou este mércores no Parlamento Europeo Arena Nós, unha ferramenta en desenvolvemento coa que pretende avaliar ata que punto os grandes modelos de intelixencia artificial representan correctamente a lingua e a cultura galegas e comparar a súa capacidade para realizar tarefas en galego. A iniciativa foi presentada durante o encontro 'The role…