Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Máis de 40 actividades levarán a ciencia en galego ás bibliotecas durante novembro

As bibliotecas públicas xestionadas pola Xunta de Galicia desenvolverán durante este mes de novembro de 2026 unha programación de máis de 40 actividades de divulgación científica en galego, que inclúe obradoiros de robótica, experimentos, astronomía, biotecnoloxía, teatro e exposicións. A iniciativa forma parte do Mes da Ciencia en Galego e pretende favorecer a utilización do…

A UVigo impulsa TermUVigo, un portal multilingüe para unificar a súa terminoloxía académica

A Universidade de Vigo vén de impulsar TermUVigo, un portal terminolóxico multilingüe centrado na linguaxe académica e institucional da propia institución. A iniciativa, promovida a través da Vicerreitoría de Internacionalización, nace coa finalidade de organizar, sistematizar e poñer á disposición da comunidade universitaria un repertorio fiable de termos empregados no ámbito universitario. O recurso está…

A ciencia en galego perde visibilidade nas redes sociais, segundo un novo estudo do CCG

O Consello da Cultura Galega (CCG) presentou un novo documento de traballo que analiza a situación da divulgación científica en galego nas redes sociais e conclúe que o actual contexto dixital, marcado polos cambios constantes nos algoritmos e pola esixencia de maior produción audiovisual, está a dificultar tanto a proxección da ciencia como a visibilidade…

A USC impulsa o galego científico coa terceira edición do concurso de edición da Galipedia

A Universidade de Santiago de Compostela, a través das comisións de normalización lingüística de diversos centros e do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, vén de convocar o III Concurso de edición da Galipedia, unha iniciativa dirixida á comunidade universitaria durante o curso 2025/2026. O certame ten como finalidade promover a produción e difusión…

Máis de 60 actividades para celebrar o Mes da Ciencia en Galego nas bibliotecas públicas e escolares

A Xunta de Galicia artellará durante todo o mes de novembro máis de 60 actividades co gallo do Mes da Ciencia en Galego, unha iniciativa que se desenvolverá tanto nas bibliotecas públicas xestionadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude como nas bibliotecas escolares dos centros educativos. O anuncio realizouno este mércores o director xeral…

O CSIC lanza o Calendario Científico Escolar 2025 con edición en galego

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) presentou a sexta edición do Calendario Científico Escolar 2025, un proxecto que busca achegar a cultura científica á xente nova e proporcionar referentes inspiradores no ámbito da ciencia. Este ano, o calendario destaca por incorporar un enfoque especial na visibilidade da ciencia africana, unha área pouco representada en…

Resolta o décimo recoñecemento da USC á subtitulación a galego de vídeos sobre ciencia

Paola Costa Villanueva é a gañadora da primeira modalidade do décimo certame #traduceTED2024, impulsado dende o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e dotado de 1.300 euros para o recoñecemento de traballos de tradución e subtitulación a galego de audiovisuais sobre diferentes temáticas científicas. Villanueva elaborou a escrita en galego de…