Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Sabela Rial, neofalante motivada polo idioma catalán: “Os meus pais sempre me animaron a aprender e falar outras linguas”

Como “galega de toda a vida” defínese Sabela Rial, tras escoitar a lingua en todo eido dende a nenez. Hai dous anos atopou no compromiso “de identidade” do uso do catalán, idioma de seu mozo, o punto de inflexión que a fixo galegofalante: “Seino falar, gústame falalo, as miñas amigas son case todas galegofalantes… Por que non me animo a falalo máis?”.

Dentro da sua experiencia universitaria, e relacionándoa co uso do galego, destaca as queixas entre o estudantado, máis “dun 70% de fóra de Galicia”, polo emprego da lingua por parte da maioría do profesorado de Produción da Facultade de Veterinaria así como dentro dos grupos de mensaxería entre compañeiros. Anima aos descoñecedores do galego, xa non a falalo, senón a “intentar entendelo”. Aos galegos anímanos “a mantela ante as respostas en castelán” e “defender a lingua”. Xa que é un ben, e de noso, asemade “a desfrutalo”.

 

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.