Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

A USC pon o foco nos tiktokers galegofalantes para estudar o futuro da lingua entre a mocidade

A Universidade de Santiago de Compostela investigará durante os próximos tres anos o papel que desempeñan as redes sociais na transformación das prácticas lingüísticas e na construción das identidades da mocidade galega. A través do proxecto IDEOLINGAL, liderado desde o Instituto da Lingua Galega (ILG) e financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, o equipo…

Esther Estévez ironiza sobre o uso puntual do galego nas Letras cunha “consulta psicolóxica” satírica nas redes

A xornalista e divulgadora Esther Estévez, coñecida polo seu labor de activismo lingüístico e por ser a cara visible do proxecto 'Dígocho eu', publicou nas súas redes sociais un novo vídeo en clave de humor e sátira co gallo do Día das Letras Galegas, no que reflexiona sobre a relación que parte da sociedade mantén…

A ciencia en galego perde visibilidade nas redes sociais, segundo un novo estudo do CCG

O Consello da Cultura Galega (CCG) presentou un novo documento de traballo que analiza a situación da divulgación científica en galego nas redes sociais e conclúe que o actual contexto dixital, marcado polos cambios constantes nos algoritmos e pola esixencia de maior produción audiovisual, está a dificultar tanto a proxección da ciencia como a visibilidade…

RedMeteo reivindica en redes o dereito a comunicar en galego fronte ás críticas por non usar castelán

A conta galega de meteoroloxía e fotografía RedMeteo, coñecida pola súa actividade en galego na rede social X, publicou unha reflexión sobre o uso da lingua propia tras recibir comentarios doutro usuario que lle recomendaba escribir en castelán ante a falta de tradución automática para o galego na plataforma. Captura da publicación da conta de…

Da aula á rede: así naceu ‘As chaves da lingua’, unha das iniciativas premiadas nos Premios Mil Primaveras

O proxecto As chaves da lingua nace como unha iniciativa didáctica e divulgativa en liña orientada a mellorar as competencias lingüísticas en galego e a facilitar o acceso a recursos de aprendizaxe. Impulsado pola profesora de Lingua Galega Noemí García, combina o rigor filolóxico cun enfoque práctico e comprensible, pensado tanto para persoas que queren…

O concelleiro David Soto denuncia en redes a escaseza do galego nos paneis de información do Aquarium da Coruña

A presenza do galego na sinalización pública da cidade da Coruña volveu situarse no centro do debate tras unha publicación difundida nas redes sociais polo concelleiro do BNG David Soto quen cuestionou o uso da lingua en distintos espazos da cidade. Nunha mensaxe publicada o pasado mércores en redes sociais, Soto relatou a súa visita…

Carballo Interplay leva ás aulas o debate sobre sobrevivir en galego nas redes sociais

O festival Carballo Interplay reforza na súa 13ª edición unha programación centrada na relación entre lingua, cultura dixital e pensamento crítico, cunha xornada específica dirixida á mocidade que terá lugar o vindeiro 16 de abril no Mercado de Carballo. A iniciativa reunirá a máis de 350 estudantes de distintos municipios galegos arredor de dúas propostas…

O galego tamén debe falar coa intelixencia artificial: Valentín García aposta pola súa presenza nas novas tecnoloxías

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, defendeu a necesidade de garantir a presenza do galego en todos os ámbitos da sociedade, incluídos os espazos tecnolóxicos emerxentes, e apostou por reforzar as políticas de promoción lingüística a través do consenso político e da implicación social. Así o expresou durante unha entrevista radiofónica na que analizou…