O Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) celebrará durante o mes de novembro dous encontros científicos dedicados ao estudo das linguas desde diferentes perspectivas. A evolución e os cambios lingüísticos, por unha banda, e a presenza do galego e doutras linguas minorizadas nas redes sociais, pola outra, serán os…
Florentina Xoubanova naceu en Vigo hai máis de seis décadas e medrou nunha contorna na que o galego practicamente non formaba parte da súa vida cotiá. Nin na familia nin no círculo social no que se movía era unha lingua habitual. Hoxe, despois de case 30 anos como bibliotecaria do Instituto da Lingua Galega (ILG),…
O catedrático emérito de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela Antón Santamarina Fernández recibiu este mércores o IX Premio Luís Porteiro Garea, co que a USC recoñece a súa contribución ao coñecemento, estudo e normalización da lingua galega. A Universidade salientou o seu papel como unha das figuras da lingüística galega contemporánea e…
Un novo estudo publicado en Estudos de Lingüística Galega analiza a presenza das distintas linguas no espazo público de Vigo e conclúe que o castelán continúa sendo a lingua maioritaria na sinalización da cidade, cunha diferenza especialmente marcada entre os carteis promovidos por institucións públicas e os creados por empresas, comercios ou particulares. A investigación…
Que palabra empregas para referirte a un pequeno curso de auga? Regato, rego, ribeiro, córrego, regueiro... A resposta pode cambiar dependendo do lugar de Galicia no que nos encontremos. E é precisamente esa diversidade a que permite descubrir o Patrimonio Léxico da Gallaecia (PLG), un recurso dixital desenvolvido polo Instituto da Lingua Galega (ILG) que…
A investigadora do Instituto da Lingua Galega (ILG) Elisa Fernández Rei, xunto con Pedro Guedes de Oliveira, da Université Jean Moulin Lyon III, acaba de publicar un novo traballo científico centrado na análise da lingua mirandesa. O artigo, titulado "Prosodic and intonational patterns in Mirandese: An instrumental analysis of a minority language in Portugal", aparece…
A Universidade de Santiago de Compostela investigará durante os próximos tres anos o papel que desempeñan as redes sociais na transformación das prácticas lingüísticas e na construción das identidades da mocidade galega. A través do proxecto IDEOLINGAL, liderado desde o Instituto da Lingua Galega (ILG) e financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, o equipo…
O vindeiro 21 de abril, ás 12.00 horas, a Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela acollerá a presentación dunha serie de proxectos colaborativos centrados na lingua, que culminarán coa inauguración dunha exposición aberta ao público. Entre as iniciativas destaca “Falas grego, e non o sabes! Helenismos do galego”, un traballo coordinado pola…