Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

A Deputación de Pontevedra destina 200.000 euros aos servizos de normalización lingüística municipais

A Deputación de Pontevedra aprobou a concesión de 200.000 euros en axudas destinadas aos Servizos de Normalización Lingüística (SNL) das entidades locais da provincia. Así o anunciou o presidente provincial, Luis López, quen explicou que esta liña de financiamento busca reforzar o papel do galego como lingua de traballo e de comunicación no ámbito municipal.…

Os Premios Mil Primaveras recoñecen catro iniciativas que impulsan o galego entre a mocidade

A sétima edición dos Premios Mil Primaveras xa ten proxectos gañadores. O xurado, reunido na tarde do pasado 14 de abril, decidiu recoñecer catro iniciativas centradas na promoción da lingua galega e no incremento do seu uso en diferentes ámbitos, con especial incidencia na mocidade e nos contextos educativos e de lecer. Os proxectos premiados…

A Deputación de Pontevedra destina 150.000 euros aos concellos para impulsar actividades de dinamización do galego

A Deputación de Pontevedra aprobou unha nova liña de axudas por valor de 150.000 euros dirixidas aos concellos de menos de 50.000 habitantes co obxectivo de impulsar actividades de dinamización da lingua galega. A convocatoria foi aprobada na última Xunta de Goberno provincial e forma parte das políticas de apoio ao idioma desenvolvidas pola institución.…

O galego tamén debe falar coa intelixencia artificial: Valentín García aposta pola súa presenza nas novas tecnoloxías

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, defendeu a necesidade de garantir a presenza do galego en todos os ámbitos da sociedade, incluídos os espazos tecnolóxicos emerxentes, e apostou por reforzar as políticas de promoción lingüística a través do consenso político e da implicación social. Así o expresou durante unha entrevista radiofónica na que analizou…

O galego en 150 palabras: a EOI de Pontevedra impulsa a 16ª edición do Certame de Microrrelatos

O concelleiro de Normalización Lingüística de Pontevedra, Demetrio Gómez, presentou este martes 3 de marzo a 16ª edición do Certame de Microrrelatos en Galego, unha iniciativa organizada pola Escola Oficial de Idiomas (EOI) co obxectivo de promover a creación literaria na lingua propia. O concurso contará coa colaboración do Concello, que achega o apoio económico…

As catro candidatas á reitoría da USC expoñen modelos distintos para o futuro da lingua galega na universidade

A lingua galega ocupou un espazo de importancia no debate celebrado este xoves na Facultade de Ciencias Políticas da USC, organizado pola Asemblea de Investigadoras de Compostela, entre as catro candidatas á reitoría: María José López Couso, Alba Nogueira, Rosa Crujeiras e Maite Flores. No bloque específico dedicado a Lingua, Cultura e Extensión Universitaria, así…