A XXI Xornada de Normalización Lingüística de Escolas Católicas, celebrada no Consello da Cultura Galega, serviu tamén para abrir un espazo de reflexión sobre o papel do ensino concertado na situación actual do galego. No marco deste encontro, no que se deron cita arredor de 80 docentes, maioritariamente membros de equipos de dinamización ou coordinadoras…
A sede do Consello da Cultura Galega acolleu hoxe, 21 de novembro, a celebración da XXI Xornada de Normalización Lingüística de Escolas Católicas Galicia, un encontro anual no que profesorado e centros educativos vencellados a esta rede comparten experiencias e estratexias para o fomento do galego no ámbito escolar. As xornadas deron comezo ás 9:30…
O Teatro Principal da Estrada acolleu este martes o acto de entrega dos Premios San Martiño de Normalización Lingüística 2025, coincidindo coa festividade do patrón local. O evento, que cumpre trinta e cinco edicións, reuniu representantes institucionais, premiados e público nunha xornada de celebración arredor da lingua galega.
Os galardoados desta edición foron o espazo…
O Concello de Santiago leva dúas décadas desenvolvendo políticas activas de acollemento lingüístico para facilitar a integración das persoas chegadas doutras comunidades e países. No XXVII Encontro para a Normalización Lingüística, celebrado este martes no Consello da Cultura Galega, Marta Besada Otero, do Departamento de Lingua Galega, explicou o funcionamento dos obradoiros de acollemento lingüístico…
Brazolinda é un proxecto nacido en 2014 da man de Irimia e doutros creadores con formación en ciencias e humanidades que decidiron poñer en práctica a súa experiencia como xogadores e como nais e pais. A súa proposta: deseñar xogos de mesa en galego que poidan compartir persoas de diferentes idades, co obxectivo de aprender,…
O Gaiteiro de Soutelo, Avelino Cachafeiro Bugallo, ten desde este sábado unha nova lápida no cemiterio de Soutelo de Montes que lle devolve a voz no idioma no que viviu e no que fixo soar a súa gaita: o galego.
Máis de medio século despois da súa morte, a súa sepultura incorpora agora unha inscrición…
O pasado 8 de abril reuniuse o xurado dos Premios Mil Primaveras, convocados pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), para escoller os proxectos galardoados na súa sexta edición. Logo de analizar 36 propostas, decidiu premiar as iniciativas 'Galego para peques', 'Vitamina G', 'Brazolinda' e 'Nodo galego, actívao!'.
Estes premios, sen dotación económica,…
A Universidade de Santiago de Compostela celebrou este venres un acto no que se recoñeceu a calidade lingüística en galego de traballos académicos, de fin de grao (TFG) e de fin de mestrado (TFM) presentados durante o curso 2023-2024. O evento, presidido polo reitor Antonio López, tivo lugar no Paraninfo da universidade e contou coa participación…