Recoñecer e difundir proxectos do ámbito da normalización lingüística que fomentan e potencian o uso do galego. Este é o obxectivo dos Premios Mil Primaveras, que vén de outorgar os premios da súa terceira edición. Os premiados polo xurado, reunido o pasado 30 de marzo, son os proxectos Do berce á rúa, CantáMOLA en galego,…
O Boletín Oficial da Provincia de Lugo vén de publicar este pasado martes 22 de marzo a nova ordenanza sobre o uso do galego na institución municipal da capital de provincia. Segundo o goberno local, viuse obrigado a adaptar á sentenza do Tribunal Supremo de 2019, que avalou o ditame negativo do TSXG que no ano 2016…
Edicións Positivas vén de presentar as bases para a convocatoria ao III Premio Morales para a promoción da lingua galega do Bierzo e da Seabra/Sanabria, que ten como obxectivo divulgar a obra do escritor Antonio Fernández Morales entre o alumnado galego desta área.
Segundo explican nas bases, pódese concorrer a un total de catro categorías: debuxo inspirado nos versos…
Miguel Vieito Villar criouse e “aprendeu a maior parte do que é como persoa e como profesional” –confesa–, no Lugar do Ferradal, na Parroquia de Bértoa, no Concello de Carballo. Na actualidade vive e ten o seu despacho profesional no Lugar da Reboreda de Abaixo, na Parroquia de Francos, no Concello de Outeiro de Rei. Partindo da…
O uso do galego na Universidade de Santiago de Compostela restrínxese ao 25% das clases impartidas. Por iso, iniciativas como ‘II Concurso de vídeos divulgativos en galego de química sostible’ e ‘VÍDEO-ENXEÑOS. I Concurso de vídeos sobre enxeñaría informática e química’ procuran normalizar a lingua galega nos ambientes científicos.
As comisións de Normalización Lingüística da Facultade…
Unha das chaves para a normalización da lingua é o seu uso nos ambientes académicos, especialmente, na universidade. No caso da Universidade de Santiago de Compostela (USC), tan só un 24,35% da docencia é impartida en lingua galega, segundo apunta o documento elaborado polo Servizo de Normalización Lingüística titulado ‘Usos lingüísticos docentes no curso 2021-2022’.
O…
O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia presentaron no Pazo de San Roque o libro ‘7º Concurso TFG.eduso’, un traballo que recompila os textos gañadores do certame promovido polo Ceesg e que recoñece os mellores traballos de fin de grao arredor…
O grupo de innovación docente en didáctica e divulgación científica da USC, CienciaNOSA, desenvolveu o primeiro MOOC -un curso en liña masivo e aberto (o nome é o acrónimo inglés de Massive Open Online Course)- en lingua galega, titulado "Química - unha ciencia experimental". Esta iniciativa naceu cun enfoque experimental para as prácticas de laboratorio dos…