Ana é de Zumaia, unha vila costeira de Euskadi próxima a Donostia, pero leva anos asentada en Santiago de Compostela, onde chegou para cursar Filoloxía Hispánica. Filla dun galego de Cangas, a súa relación co país comezou nos veráns, mais foi ao instalarse en Galicia cando decidiu facer do galego a súa lingua de uso…
Elías Feijó é decano da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e profesor titular de Literatura Galega. Vinculado historicamente ao movemento reintegracionista, participou en numerosos proxectos de promoción da lingua galega e de aproximación ao mundo lusófono. Nesta conversa aborda cuestións clave como o papel da educación na socialización lingüística, o valor…
A Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela será o escenario de dous encontros científicos organizados polo Instituto da Lingua Galega (ILG) durante o mes de xuño. Ambas as citas están dirixidas tanto a especialistas como ao público xeral, e afondarán en eidos centrais do coñecemento lingüístico e literario galego.
O primeiro dos…
A Foliada das Letras Galego-Portuguesas 'Agora cantamos nós!' xuntará este venres no parque Eugenio Grannel de Santiago de Compostela a grupos de música, baile, pandereteiras e preto de 500 mozos, que acoden dun total 15 centros educativos de Galicia e Portugal. Coincidindo co ano das Letras Galegas 2025 adicado ás cantareiras e á tradición popular, aparece esta 'foliada' para reivindicar o patrimonio…
As Letras Galegas 2025 chegan cunha ampla programación por toda Galicia para homenaxear a poesía popular oral e as mulleres que a transmitiron de xeración en xeración . …
O xurado do certame aRi[t]mar da música e a poesía galego-portuguesa vén de preseleccionar as poesías que loitarán por ser recoñecidas como as mellores do pasado ano 2024. Son 10 poesías galegas e 10 poesías portuguesas, que optan a ser elixidas polo público como Mellor Poesía do Ano na Galiza e Mellor Poesía do Ano…
Dende a Universidade de Santiago de Compostela, a estudante Iolanda Gil está a realizar unha enquisa sobre a variación léxica do galego para o seu Traballo de Fin de Grado da titulación en Lingua e Literatura Galegas.
A enquisa está dirixida a aquelas persoas que utilicen o galego como lingua habitual. Non leva máis de 10…
O Validatón 2025, organizado polo Instituto da Lingua Galega (ILG) e o Proxecto Nós, pechou a súa segunda edición cunha achega de 13 horas de datos de voz en galego á plataforma aberta Common Voice. En total, 10.000 fragmentos de audio foron gravados e validados durante a fase en liña, ás que se sumaron 1.920…