Skip to content Skip to sidebar Skip to footer
USC Imaxe de arquivo de alumnado en Filoloxía. FOTO: Santi Alvite

Así medra o galego na USC: o avance consolídase, pero as titulación de Saúde seguen a frear a expansión

A Universidade de Santiago de Compostela alcanza este curso o 29,2% da súa docencia impartida en galego, a porcentaxe máis elevada desde que existen rexistros. A análise realizada polo Servizo de Normalización Lingüística da USC confirma un incremento significativo que rompe coa estabilidade dos anos anteriores e consolida unha tendencia ascendente iniciada en 2015, pero…

A terceira lingua de signos esquecida: a investigadora Zaira González reivindica a singularidade da Lingua de Signos Galega

A aprobación en 2007 da lei pola que se recoñecen oficialmente as linguas de signos española e catalá deixou fóra outras variedades históricas presentes no Estado. Entre elas, a lingua de signos galega (LSG). A norma partía, segundo explica a doutoranda Zaira González Lago, da Universidade de Vigo, dunha idea asentada: a existencia de dous…

A USC acolle un curso para repensar a transmisión do galego desde as biografías lingüísticas

A Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 29 de novembro o curso 'Biografías Lingüísticas e transmisión do galego. Unha mirada crítica', unha proposta formativa impulsada polo Instituto da Lingua Galega (ILG) e polo grupo de investigación MetalingüísTICa da USC. A xornada procura afondar nos repertorios lingüísticos do alumnado e…

Alingua: a rede que quere sacar os servizos de normalización da soidade e da precariedade

No Consello da Cultura Galega, no marco do XXVII Encontro para a normalización lingüística, Conchi Cochón Rodríguez debuxou unha panorámica de case tres décadas de traballo conxunto arredor da lingua galega dende os concellos e resumiu a filosofía que sostén Alingua, a Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega, nacida en 2019 para dar estrutura…

A regueifa regresa ás aulas: máis de 80 obradoiros e un certame con novas categorías premiarán a creatividade en galego

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, encabezou no Pazo de Raxoi a presentación da nova edición de ‘Reguéifate’, un programa que promove o uso do galego a través da tradición da improvisación oral. No acto participaron tamén o alcalde de Ames, Blas García; a concelleira de Normalización Lingüística de Arzúa, Lucía López Sobrado;…

Chrisitan, neofalante de Venezuela: “Quero ser o primeiro latino en reivindicar o galego”

Christian Lucas (@ elvenegalle) chegou a Galicia hai unha década, procedente de Venezuela, o país onde naceron el e os seus irmáns despois de que os seus pais, emigrantes portugueses, fixesen daquel territorio o seu fogar. “Son venezolano cen por cento, aínda que con sangue portuguesa”, explica cando fala da súa orixe, que resume como…

‘Aquí tamén se fala’, premio da Cultura Galega 2025 pola súa aposta pola lingua dende as aulas e os barrios

O proxecto ‘Aquí tamén se fala’, impulsado por alumnado do IES Rafael Dieste da Coruña, foi distinguido este xoves co Premio da Cultura Galega 2025 na categoría de Lingua, un recoñecemento ao seu labor de dinamización e promoción do galego entre a mocidade e no tecido social próximo. A campaña, que comezou como unha iniciativa…