A Foliada das Letras Galego-Portuguesas ‘Agora cantamos nós!’ xuntará este venres no parque Eugenio Grannel de Santiago de Compostela a grupos de música, baile, pandereteiras e preto de 500 mozos, que acoden dun total 15 centros educativos de Galicia e Portugal. Coincidindo co ano das Letras Galegas 2025 adicado ás cantareiras e á tradición popular, aparece esta ‘foliada’ para reivindicar o patrimonio oral galego-portugués, que a inicativa Ponte… Nas Ondas! encárgase de divulgar e transmitir ás novas xeracións.
Esta xornada conta, ademais, coa colaboración do Concello de Santiago, da Deputación da Coruña, do Consello da Cultura Galega e da Xunta. Neste sentido, a alcaldesa, Goretti Sanamartín, puxo en valor a tradición oral transmitida xeración tras xeración “a pesar dos contextos que a menosprezaron”, segundo trasladou o Concello nunha nota de prensa. Pola súa banda, o secretario xeral da Lingua, Valentín García, resaltou a importancia de reivindicar ou patrimonio oral galego-portugués, “do mesmo xeito que levamos feito estes últimos días coas diferentes propostas no marco do Día das Letras Galegas”.
Tradición oral
Como ONG consultora da UNESCO para o Patrimonio Cultural Inmaterial –única entidade acreditada en Galicia–, Ponte… Nas Ondas! pretende dar a coñecer este cancionero común, patrimonio compartido con Portugal da literatura oral popular e o cancionero tradicional. A Foliada das Letras Galego-Portuguesas é unha celebración para que o alumnado comparta un día de festa con outros grupos de escolas galegas e portuguesas. Ao mesmo tempo, grupos de música profesionais e persoas portadoras da tradición oral intervirán na festa para que se produza a necesaria transmisión das súas saber aos asistentes. Desta forma, entre os bloques de actuacións dos centros educativos actuarán De Vacas (ás 12.30 horas) e Os Fondaos de Pínfaro (ás 14.00 horas).