A independencia da etapa universitaria en Santiago de Compostela foi a apertura da porta ao uso total da língua galega, dende o laboral ao persoal, para Andrea Polo: “Agora non me imaxino falando doutro xeito”. A transición conténtalle especialmente pola simboloxía de "compromiso coa nosa lingua e a nosa identidade cultural".
O consello que deixa para…
Paola Costa Villanueva é a gañadora da primeira modalidade do décimo certame #traduceTED2024, impulsado dende o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela e dotado de 1.300 euros para o recoñecemento de traballos de tradución e subtitulación a galego de audiovisuais sobre diferentes temáticas científicas. Villanueva elaborou a escrita en galego de…
O Salón Teatro, sede do Centro Dramático Galego en Santiago de Compostela, volve ser un dos escenarios do ciclo de teatro en lingua portuguesa Quintas do Camões, promovido polo Camões-Centro Cultural Portugués en Vigo. Un ano máis, a unidade teatral da Xunta de Galicia colabora con esta iniciativa co obxectivo de poñer o foco nas…
Ata o día 5 de xaneiro, o Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela conta coa exposición 'Xaquín Marín. Humor líquido'. O compendio de obras do artista de banda deseñada, ademais de muralista ou pintor entre outras profesións, amosan máis de sesenta anos da súa traxectoria. Marín naceu no concello de Ferrol, en Fene, no…
A obra Latextos, de Beatriz Dourado, foi a escollida polo xurado como receptora do Premio Arume de Poesía para a Infancia, convocado pola Fundación Neira Vilas e os colaboradores Deleite e a asociación Galix. A gala de entrega ten lugar este venres a partir das 19:00 horas en Santiago de Compostela, nas instalacións do Auditorio…
Na súa vixésimoquinta edición, os Premios Manuel Beiras seleccionan a empresas do panorama territorial que empreguen e impulsen o uso do galego. Desta volta, co lema "En galego, empresa/comercio + intelixente", as marcas recoñecidas son Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers. A gala tivo lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela este dous de…
Dende o 2023, a través da financiación PERTE-Next Generation, Universidade de Santiago de Compostela e Xunta de Galicia impulsan o Proxecto Nós, no que, a través do uso da plataforma Common Voice, recollen datos de voz en galego. Este venres, en San Xerome, o reitor da USC, Antonio López, e secretario xeral de Lingüística, Valentín…
Este 27 e 28 de novembro, o Instituto da Lingua Galega, contando coa colaboración do Consello da Cultura Galega e o Ministerio de Cultura, organiza na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela o simposio "Cultura Impresa: materialidades, paradigmas e retos epistémicos". A liña de traballo, que contempla os riscos da difusión cultural…