O Seminario de Sociolingüística participou nas últimas semanas en novos encontros de especialistas en educación e lingüística coa presentación de Modo galego, actívao!, o proxecto de investigación-acción en dinamización lingüística entre o alumnado de Ames que desenvolve en colaboración con este concello da área periurbana de Santiago de Compostela. A iniciativa expúxose nas VII Xornadas Educación…
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou este mediodía na entrega dos premios da XIII edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, que se celebrou no Museo do Pobo Galego. Este certame de investigación escolar sobre o patrimonio lingüístico e cultural galego é unha iniciativa da Fundación Antonio Fraguas Fraguas coa que colabora a…
O CORGA é un corpus documental aberto que abrangue cronoloxicamente dende 1975 ata a actualidade, cuxo obxectivo é fornecer datos para o estudo da lingua galega actual dende múltiples perspectivas: léxica, morfolóxica, sintáctica, fraseolóxica, terminolóxica, discursiva, etc, e a súa mellora realízase de xeito continuo no marco do convenio entre o Centro Ramón Piñeiro para…
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, anunciou no Parlamento a renovación da colaboración coa USC para avanzar no estudo do neofalantismo
O obxectivo deste acordo é analizar o proceso de incorporación o uso do galego por parte de persoas que teñen outro idioma como primeira lingua
Dividido en tres fases, dará continuidade ao portal neofalantes.gal e…
Así soa a Terra de Tanxugueiras cantada e bailada polo alumnado dun instituto galego en Buenos Aires
Alumnado do Instituto Arxentino Galego Santiago Apostol de Buenos Aires agasallaron con esta interpretación aos participantes logo da xuntaza que mantiveron do presidente da Real Academia Galega, Victor F. Freixanes na Fundación Luis Seoane.
Sinalan dende a RAG que a recepción do presidente ao alumnado do colexio arxentino galego é xa unha tradición. Moitos dos mozos…
O festival Ari(t)mar Galicia e Portugal, que busca difundir a cultura e lingua comúns entre os dous países, porá o broche á súa oitava edición o vindeiro martes 10 de outubro, o día escollido para entregar os premios homónimos. Nesta ocasión, as premiadas son Fillas de Cassandra, o grupo portugués Retimbrar, e os poetas Arancha…
Este dicionario é un proxecto pioneiro dentro da lexicografía contrastiva, que foi dirixido pola catedrática emérita da USC, Isabel González, e "facilita a difusión do galego máis aló das súas fronteiras".
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá na presentación do Dicionario galego-italiano Galita, o primeiro dicionario bilingüe en liña que…