Ver o galego como unha oportunidade comercial, avanzar na regulamentación do etiquetado do produto na nosa lingua e promover programas de xestión empresarial en galego son algunhas das medidas concretas que se abordaron no marco da xornada “Empresa, turismo e deporte”, coordinada por Jackson R. Soáres, profesor da Universidade da Coruña. É a quinta sesión…
Elías Feijó é decano da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e profesor titular de Literatura Galega. Vinculado historicamente ao movemento reintegracionista, participou en numerosos proxectos de promoción da lingua galega e de aproximación ao mundo lusófono. Nesta conversa aborda cuestións clave como o papel da educación na socialización lingüística, o valor…
As televisións públicas de Euskadi (EITB), Cataluña (3CAT) e Galicia (TVG) anunciaron este mércores, no marco do foro Conecta FICTION & ENTERTAINMENT, a súa asociación para crear 'Pensión Incompleta', un proxecto de ficción gravado nas catro linguas oficiais do Estado: galego, eúscaro, catalán e castelán.
A serie -- aínda en fase de desenvolvemento e co inicio de…
Vicente Feijoo, filólogo da Real Academia Galega, é o coordinador técnico de Galicia Nomeada e responsable das charlas da campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra, unha iniciativa que leva anos percorrendo Galicia para concienciar sobre o valor da microtoponimia e promover a súa recolla mediante unha aplicación móbil colaborativa. Con máis de 90.000…
Modo galego, actívao!, o proxecto de investigación e acción para a promoción do galego na infancia desenvolto colaborativamente entre o Concello de Ames, a Real Academia Galega e os once centros educativos públicos amesáns, foi unha das experiencias premiadas na sexta edición dos Premios Mil Primaveras que se entregaron hoxe no Pazo da Cultura de…
O Consello da Cultura Galega reuniu recentemente especialistas do ámbito xurídico, académico e administrativo para afondar nun dos grandes temas pendentes da normalización lingüística: o papel do galego na xustiza e nos servizos públicos. A sesión, integrada no Fórum País coa súa Lingua, procurou ir máis alá do diagnóstico e centrouse na formulación de propostas…
María Otero Canabal (Forcarei, 2000), graduada en Dereito e Relacións laborais pola USC, vén de recibir o Premio Franco Grande de investigación xurídica en lingua galega pola UVigo polo seu traballo sobre as relacións laborais do servizo do fogar familiar. No mesmo fai unha análise xurídica deste sector desde a perspectiva da prevención de riscos.
Sobre…
A palabra irmán, que designa unha das relacións familiares máis próximas, presenta en galego unha notable variedade de formas segundo a zona do territorio. Esta diversidade léxica non só ilustra a riqueza interna da lingua galega, senón que tamén serve como exemplo representativo da súa división dialectal tradicional en tres bloques: occidental, central e oriental.…