Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

María Otero Canabal: “Hai algunhas xuízas e algúns xuíces que só empregan o galego nas súas sentenzas”

María Otero Canabal (Forcarei, 2000), graduada en Dereito e Relacións laborais pola USC, vén de recibir o Premio Franco Grande de investigación xurídica en lingua galega pola UVigo polo seu traballo sobre as relacións laborais do servizo do fogar familiar. No mesmo fai unha análise xurídica deste sector desde a perspectiva da prevención de riscos.

Sobre a situación do galego no sector do dereito e as relacións laborais é contundente: “Gustaríame dicir que si. A nivel normativo podes exercer en galego, pero desde a miña experiencia profesional non se acostuma usar o galego nos xulgados ou nos despachos. Avogo polo uso do galego no mundo xurídico porque é un idioma plenamente válido para documentos xurídicos, sentenzas, investigacións… De feito hai algunhas xuízas e algúns xuíces que só empregan o galego nas súas sentenzas, que é algo que me parece marabilloso”. Toda a entrevista no Nós Diario.

Deixe un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.