Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Tres lápidas en castelán serán substituídas por outras en galego en Cerponzóns

A asociación de veciños O Chedeiro, da parroquia pontevedresa de Cerponzóns, organiza este domingo 31 de agosto un acto de homenaxe ás persoas soterradas no cemiterio local, baixo o lema 'En galego, agora e sempre. Restauración da Memoria Lingüística'. O encontro, previsto para as 11.00 horas, arrincará cos repeniques do campaneiro Juan A. Losada desde…

Borja, profesor de galego: “Cada vez hai máis demanda, sobre todo entre opositores e retornados”

O interese polo galego como lingua de formación medra en Ourense e noutras cidades, segundo explica Borja Rodríguez Pérez, profesor na academia Galeduca. A entidade, nacida como centro de apoio escolar, foi derivando cara á formación de adultos e especializouse nos últimos anos na preparación de titulacións oficiais de galego, que concentran boa parte da…

Vilagarcía impulsa un curso de galego para mellorar a empregabilidade das mulleres

O Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía vén de abrir o prazo de inscrición para un curso de competencias clave en lingua galega, nivel 2, dirixido especificamente a mulleres. A iniciativa ten como obxectivo mellorar a empregabilidade das participantes e facilitar o acceso aos certificados de profesionalidade, ademais de acreditar a formación en galego…

Aberto o proceso de participación pública para a renovación do Plan de Normalización

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, anunciou que este martes se habilitará na páxina web da súa Consellería unha "canle virtual" para recoller as propostas de todos aquelas persoas que desexen participar na renovación do Plan de Normalización Lingüística. En declaracións aos medios antes de reunirse cos responsables das 11 comisións formadas para…

Os dialectos e as distintas formas de falar do galego incorporados ao ecosistema dixital

O galego e a súa diversidade dialectal dan un novo paso para garantir a súa presenza no ecosistema dixital do futuro, ademais de documentar e protexer a súa riqueza oral. A plataforma colaborativa Common Voice, alimentada por persoas voluntarias de todo o mundo, incorpora unha nova funcionalidade para o recoñecemento da fala, que permitirá rexistrar…

Antón Santamarina: “É interesante ver como foron bastantes ‘estranxeiros’ os que se dedicaron á recolla das nosas coplas”

Entre 1982 e 1995 saíron do prelo os sete volumes do Cancioneiro popular galego recollido e ordenado por Dorothé Schubarth e Antón Santamarina. O traballo comezara en 1978, cando a etnomusicóloga suíza chegou a Galicia á procura de melodías arcaicas. O que ía ser unha parada máis no seu percorrido pola Península Ibérica converteuse nunha longa estadía…