A Unión Europea decidiu adiar sen data o debate sobre a oficialidade do galego, o catalán e o éuscaro, deixando fóra da orde do día do Consello de Asuntos Xerais que se celebra este martes en Luxemburgo a proposta presentada polo Goberno español. Nin as presións do ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, nin…
O presidente da Real Academia Galega (RAG), Henrique Monteagudo, e a presidenta do Congreso dos Deputados, Francina Armengol, asinaron este venres na Coruña un convenio de colaboración orientado á formación, o coñecemento e a difusión da lingua galega, con especial atención ao ámbito da linguaxe xurídica.
En virtude deste acordo, a RAG encargarase de verter…
A promoción das linguas cooficiais entre a mocidade e a súa presenza nos ámbitos económico e xudicial foron algúns dos principais temas abordados este mércores en Santiago na reunión anual da comisión de seguimento do Protocolo de colaboración en materia de política lingüística.
No encontro participaron representantes de Euskadi, Cataluña e Illas Baleares, mentres que…
A Xunta de Galicia recibiu máis de mil achegas no proceso aberto para actualizar o Plan xeral de normalización da lingua galega, segundo anunciou este martes o secretario xeral da Lingua, Valentín García, nunha rolda de prensa celebrada en Santiago. O responsable autonómico explicou que as propostas chegan tanto das once comisións de traballo formadas…
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) convoca a sétima edición dos Premios Mil Primaveras, unha iniciativa que desde o ano 2019 recoñece accións, programas e proxectos que contribúan a promover o uso e o prestixio da lingua galega.
Estes galardóns, que non teñen dotación económica, buscan dar visibilidade ás boas prácticas en…
Dende hoxe permanece aberto o prazo de inscrición no Curso de introdución á lingua e literatura galegas que organiza o Concello de Ames en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia. A iniciativa, gratuíta e cunha duración total de 20 horas presenciais, está dirixida a persoas migrantes e veciñanza procedente doutras comunidades…
Esta pasada fin de semana tivo lugar en Compostela o encontro Galeusca 2025, no que, entre outros asuntos relacionados coa lingua galega, falouse sobre intelixencia artificial, nunha mesa redonda na que estivo presente Rubén Cela, director da Oficina Técnica do Proxecto Nós, un proxecto que busca incrementar a presenza da lingua galega no ámbito da…
A Real Academia Galega (RAG) celebra o Día Europeo das Linguas cun novo galardón ás iniciativas que promovan o galego na infancia, outorgado na súa primeira edición ao CEIP Milladoiro de Malpica. Faino, indica, para destacar "o bo facer" da comunidade educativa do Colexio de Educación Infantil e Primaria Milladoiro", que inaugura o Premio 'Na lingua…