Isa Bermúdez, artista plástica de Carballo, sempre estivo rodeada de galego, pero non foi ata a adolescencia cando se plantexou incorporalo á súa vida diaria. Criada nun fogar castelanfalante debido ás orixes extremeñas da súa nai e á emigración da súa familia a Alemaña, explica que, malia que a súa contorna familiar máis ampla falaba…
Levas xa un tempo vivindo na Mariña, mais ti non vivías antes nesta comarca.
Non, eu son de Madrid aínda que a miña nai era de Lourenzá e por iso sempre tiven ese vínculo con este lugar, na parroquia de Santo Adrao.
Esa foi entón a principal motivación para asentáreste aí?
Ben, a miña nai emigrara moi nova,…
Como "galega de toda a vida" defínese Sabela Rial, tras escoitar a lingua en todo eido dende a nenez. Hai dous anos atopou no compromiso "de identidade" do uso do catalán, idioma de seu mozo, o punto de inflexión que a fixo galegofalante: “Seino falar, gústame falalo, as miñas amigas son case todas galegofalantes… Por…
Nihal Neggaz e Wiame Taoufiq son dúas rapazas de Marrocos, pero presumen de neogalegas e de galego. As dúas son alunas do IES Marco do Camballón, de Vila de cruzes, e as dúas decidiron romper tópicos e deixar claro que tamén hai fillos de migrantes, como elas, que poden falar, regueifar e gozar coa nosa lingua,…
Cunha bagaxe familiar transoceánica, Luz Darriba mantén a lingua herdada do seu pai na súa volta a Lugo dende Uruguai. Mantén, do mesmo xeito, o brillar e resplandor do sol latino. Toda unha sinerxia de culturas, como a que lle vén á cabeza ao escoitar "levedar". Dende o seu compromiso co feminismo e o mantemento dunha…
O teense Andrés Couso anima a todos a "subir ao tren" de falar galego, realizando unha viaxe da que "é difícil saír". Como acontecera coa súa nai, Andrés foi educado en lingua castelá. No referente ao uso do galego dentro do contexto familiar, este neofalante apunta unha referencia clara: seu bisavó. Este explica o sentir…
Carolina Cotón, pertencente á costa galega mais asentada en Monforte de Lemos, comezou a falar galego a comezos do 2023. Durante a súa infancia, e adolescencia, foi educada en castelán xa que a súa contorna próxima o considerou o idioma máis doado para ela desenvolver a súa vida. Amante da produción literaria en galego dende…
Sara Costa, docente e estudante dun Máster no Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, unha vez foi integrada no sistema educativo mudou a lingua galega, coa que fora criada dende o berce, ao castelán. Na adolescencia, a través de utilizala cunha amiga próxima, volveuna adoptar como idioma vehicular ―aínda que, nalgúns vínculos…