Juan Carlos é arxentino, oriúndo de Córdoba, pero vive e traballa en Foz, onde rexenta unha casa de turismo rural e tamén exerce de guía en Finca Galea. O seu contacto co galego foi medrando pouco a pouco ata que decidiu dar o paso de aprender a lingua e convertela en parte do seu día…
Os músicos Pauliña Chaves e César Morán participaron esta pasada semana no concerto de exalumnos da Facultade de Filoloxía e achegáronse ademais para reflexionar sobre a situación do galego na música e a evolución da lingua na sociedade. Ambos artistas compartiron experiencias persoais e profesionais, destacando a necesidade de ofrecer máis oportunidades á música en…
Isa Bermúdez, artista plástica de Carballo, sempre estivo rodeada de galego, pero non foi ata a adolescencia cando se plantexou incorporalo á súa vida diaria. Criada nun fogar castelanfalante debido ás orixes extremeñas da súa nai e á emigración da súa familia a Alemaña, explica que, malia que a súa contorna familiar máis ampla falaba…
Levas xa un tempo vivindo na Mariña, mais ti non vivías antes nesta comarca.
Non, eu son de Madrid aínda que a miña nai era de Lourenzá e por iso sempre tiven ese vínculo con este lugar, na parroquia de Santo Adrao.
Esa foi entón a principal motivación para asentáreste aí?
Ben, a miña nai emigrara moi nova,…
Como "galega de toda a vida" defínese Sabela Rial, tras escoitar a lingua en todo eido dende a nenez. Hai dous anos atopou no compromiso "de identidade" do uso do catalán, idioma de seu mozo, o punto de inflexión que a fixo galegofalante: “Seino falar, gústame falalo, as miñas amigas son case todas galegofalantes… Por…
Nihal Neggaz e Wiame Taoufiq son dúas rapazas de Marrocos, pero presumen de neogalegas e de galego. As dúas son alunas do IES Marco do Camballón, de Vila de cruzes, e as dúas decidiron romper tópicos e deixar claro que tamén hai fillos de migrantes, como elas, que poden falar, regueifar e gozar coa nosa lingua,…
Cunha bagaxe familiar transoceánica, Luz Darriba mantén a lingua herdada do seu pai na súa volta a Lugo dende Uruguai. Mantén, do mesmo xeito, o brillar e resplandor do sol latino. Toda unha sinerxia de culturas, como a que lle vén á cabeza ao escoitar "levedar". Dende o seu compromiso co feminismo e o mantemento dunha…
O teense Andrés Couso anima a todos a "subir ao tren" de falar galego, realizando unha viaxe da que "é difícil saír". Como acontecera coa súa nai, Andrés foi educado en lingua castelá. No referente ao uso do galego dentro do contexto familiar, este neofalante apunta unha referencia clara: seu bisavó. Este explica o sentir…