Con máis de 8.500 seguidores na súa conta de TikTok, @songalega é o nome baixo o que se coñece a Andrea, unha moza de Vilagarcía de Arousa que, vídeo a vídeo, está a construír un espazo nas redes sociais onde o galego, a actualidade política e a análise crítica se dan a man. A súa proposta destaca por combinar información e humor, dirixíndose a un público novo que, contra o que moitas veces se afirma, tamén ten interese polo que acontece no mundo.
“Comecei a subir vídeos arredor de 2020, en plena pandemia. TikTok era daquela unha rede nova en España, e decidín probar”, explica Andrea, que atribúe parte do seu éxito inicial a un “algoritmo que se portou ben” e a un contido que conectou de inmediato co público.
Máis información en Galicia Confidencial