O Deportivo da Coruña podería oficializar nas próximas semanas a galeguización do seu nome, segundo se desprende dun contido publicado nas redes sociais da Radio Galega . A información foi difundida a través dun reel de Instagram no marco do programa A penaltis .
No vídeo, presentado como unha “exclusiva”, afírmase que o…
A cidade de Santiago de Compostela acollerá este venres, 17 de abril, a celebración da primeira ‘Festinha da Regueifa’, unha iniciativa que pon no centro a transmisión e a práctica da improvisación oral en galego entre a infancia. O encontro terá lugar ás 18.00 horas na Libraría Aenea, nunha cita que nace co obxectivo de…
A Facultade de Letras da Universidade do País Vasco acollerá o vindeiro 17 de abril ás 11:00 horas, na aula 1.06, a conferencia titulada 'A transmisión interxeracional do galego. Micropolíticas lingüísticas familiares de mantemento e convivencia', impartida polo sociolingüísta e investigador bengalí Anik Nandi.
A intervención centrarase na análise das prácticas lingüísticas no ámbito familiar,…
A Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia unha nova convocatoria de subvencións dirixida a impulsar e consolidar os servizos lingüísticos nas entidades locais, cun orzamento total de 350.000 euros. O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 7 de maio.
Segundo recollen as bases, o obxectivo desta medida…
A sociolingüista María López Sández , profesora de Didáctica da Lingua e da Literatura na Universidade de Santiago de Compostela e membro da Real Academia Galega, participa como coordinadora do Seminario de Sociolingüística da RAG nun dos proxectos máis destacados de dinamización lingüística no ámbito educativo galego: Modo galego, actívao!. Este programa, impulsado en…
O Colexio M. Peleteiro acolleu este xoves a entrega da 54ª edición dos Premios Literarios Minerva, nun acto celebrado no salón de actos do centro que reuniu autoridades, membros da organización, alumnado, familiares e representantes dos centros educativos participantes.
A cerimonia estivo conducida pola estudante de 2º de Bacharelato Marta Arce, encargada de presentar o…
A historia de Gabriele Von Hundelshausen comeza no norte de Alemaña, concretamente en Hamburgo, nun contexto marcado pola proximidade ao mar e por unha cultura propia que, co paso do tempo, tamén viu como parte do seu patrimonio lingüístico se esvaecía. Hai dúas décadas, a súa vida mudou tras unha primeira viaxe a Galicia coincidente…
A Real Academia Galega (RAG) vén de estrear o documental Begoña Caamaño Caamaño: navegar no pracer do azul, unha produción realizada con motivo da celebración das Letras Galegas 2026, dedicadas á escritora e xornalista viguesa. A peza audiovisual, dirixida e guionizada por Damián Varela Pastrana e Alba López Álvarez, propón un percorrido pola vida e…