Ana Victoria chegou por primeira vez a Galicia en 2023 para cursar un máster en Santiago de Compostela. Tras concluílo, regresou ao Perú, mais a súa vida quedou xa vencellada a esta terra: alí coñecera a súa actual parella, galego, que posteriormente conviviu case un ano con ela e coas súas dúas fillas no seu…
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, supervisou hoxe o desenvolvemento da primeira convocatoria do Celga realizada integramente en liña, un formato que espertou un notable interese ao rexistrar máis de 600 solicitudes para un total de 100 prazas dispoñibles. A proba, celebrada desde a plataforma tecnolóxica habilitada pola Administración autonómica, supón un cambio significativo…
A Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña puxo en marcha unha nova edición da campaña ‘Un outono cheo de letras’, unha iniciativa que permanecerá activa ata mediados de decembro co obxectivo de promover a lectura en galego e subliñar o seu papel na dinamización social da lingua. A acción desenvolverase fundamentalmente nas redes…
A campaña da Palabra do Ano 2025 entra na súa fase decisiva coa apertura da votación telemática no Portal das Palabras, a iniciativa impulsada pola Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié para divulgar o léxico galego e promover a participación cidadá arredor da lingua. Desde hoxe e ata o domingo 21 de decembro…
A sala Ángel Valente de Ourense acolleu esta segunda feira unha mesa redonda centrada no papel da lingua galega na democracia, dentro do ciclo ‘50 anos de España en liberdade’ impulsado pola Subdelegación do Goberno. O encontro, baixo o título 'Lingua, educación e liberdade: o galego na construción da democracia', reuniu os escritores Juan Tallón,…
A Deputación da Coruña fixo públicas as bases reguladoras do novo programa de subvencións destinado a empresas audiovisuais que traballen na distribución, comercialización e exhibición de contidos en lingua galega durante o ano 2026. O obxectivo é reforzar a presenza do galego nas salas e plataformas do ámbito coruñés, apoiando tanto producións feitas en Galicia…
A Universidade de Santiago de Compostela alcanza este curso o 29,2% da súa docencia impartida en galego, a porcentaxe máis elevada desde que existen rexistros. A análise realizada polo Servizo de Normalización Lingüística da USC confirma un incremento significativo que rompe coa estabilidade dos anos anteriores e consolida unha tendencia ascendente iniciada en 2015, pero…
A aprobación en 2007 da lei pola que se recoñecen oficialmente as linguas de signos española e catalá deixou fóra outras variedades históricas presentes no Estado. Entre elas, a lingua de signos galega (LSG). A norma partía, segundo explica a doutoranda Zaira González Lago, da Universidade de Vigo, dunha idea asentada: a existencia de dous…