Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Os Encontros para a Normalización analizan por que a música gañou espazo para o galego

Os XXVIII Encontros para a Normalización Lingüística analizarán este ano o papel da música na creación de espazos de uso, identificación e difusión do galego. A xornada celebrarase o 20 de outubro na sede do Consello da Cultura Galega (CCG), en Santiago de Compostela, baixo o lema Música, orgullo e identidade. O encontro, organizado polo…

O novo pacto do galego muda o ensino: ciencias en galego, 50% obrigatorio e maior financiamento

Os grupos parlamentarios do PPdeG e do PSdeG asinaron este xoves un acordo para modificar a proposta de actualización do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG) presentada o pasado mes de xullo. O pacto conta tamén co apoio de Democracia Ourensana e introduce seis modificacións no documento, ademais de oito acordos complementarios, segundo…

A RAG premia o proxecto ‘Aquí tamén se fala!’ polo seu traballo entre a mocidade e o alumnado migrante

A Real Academia Galega (RAG) entregou este mércores ao IES Rafael Dieste da Coruña o Premio 'Na lingua que eu falo', un recoñecemento destinado a iniciativas que destacan polo seu traballo a prol da normalización do galego. O galardón recaeu nesta ocasión no proxecto 'Aquí tamén se fala!' (ATSF), impulsado desde o propio centro educativo…

A Xunta reparte 200.000 euros entre 27 publicacións escritas integramente en galego

A Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia resolveu a convocatoria de 2026 das subvencións destinadas especificamente a empresas que editan publicacións periódicas escritas integramente en galego. A resolución distribúe 200.000 euros entre 27 cabeceiras, cunha presenza destacada de medios locais e comarcais e cantidades individuais que oscilan entre os 3.028,59 e os 30.000…

O Grove leva a dobraxe en galego a todos os centros educativos con 14 obradoiros prácticos

O alumnado dos seis centros educativos do Grove poderá experimentar nos próximos meses como se constrúe unha dobraxe audiovisual e facelo integramente en galego. O Concello pon en marcha a segunda edición de Lingua e Cinema, un programa de dinamización que emprega a interpretación, a voz e o audiovisual como ferramentas para fomentar o uso…

A Liña do galego recibe 40.000 euros para manter a atención gratuíta ante vulneracións de dereitos lingüísticos

A Deputación da Coruña achegará 40.000 euros á Liña do galego, o servizo gratuíto promovido pola Mesa pola Normalización Lingüística para atender consultas e canalizar queixas, denuncias e outras comunicacións relacionadas cos dereitos lingüísticos da cidadanía. A administración provincial e a entidade renovaron este luns o convenio de colaboración que permite financiar un proxecto en…

“Veñen con moito interese e respecto pola lingua”: o galego abre unha porta á integración dos migrantes en Salceda

Aprender a presentarse, comprender unha conversa ou coñecer a gramática son só unha parte do proceso. Para as persoas que participan no curso de acollemento lingüístico que se desenvolve en Salceda de Caselas, achegarse ao galego significa tamén descubrir por que determinadas expresións non teñen unha tradución exacta ao castelán, entender a historia social da…