O Concello de Ames vén de convocar a novena edición dos Premios Lingua e Empresa, unha iniciativa destinada a fomentar a presenza do galego no tecido empresarial e recoñecer os negocios que incorporan a lingua á súa actividade cotiá. O certame repartirá 3.000 euros en premios, distribuídos en dúas categorías de 1.500 euros cada unha,…
A Xunta de Galicia iniciou a tramitación dun decreto para crear un selo oficial de recoñecemento do uso do galego nas empresas e entidades do ámbito socioeconómico, cun sistema destinado a identificar as organizacións que incorporan o idioma á súa actividade habitual. A iniciativa atópase en fase de consulta pública previa desde o 13 de…
Galicia conta con máis de dous millóns de microtopónimos, nomes que identifican leiras, montes, fontes, camiños e outros elementos da paisaxe e que, en moitos casos, só sobreviven na memoria das persoas que os empregan. O envellecemento da poboación rural, o abandono das actividades agrarias e a transformación do territorio ameazan a conservación deste patrimonio…
O Proxecto Neo, unha iniciativa educativa de dinamización lingüística vinculada ao IES Perdouro de Burela, alcanzou os 500 programas de radio cunha gravación especial realizada este mércores, 14 de outubro, na sede do Consello da Cultura Galega (CCG), en Santiago de Compostela. Preto dunha vintena de mozos e mozas participaron nesta actividade, que serviu para…
O Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) celebrará durante o mes de novembro dous encontros científicos dedicados ao estudo das linguas desde diferentes perspectivas. A evolución e os cambios lingüísticos, por unha banda, e a presenza do galego e doutras linguas minorizadas nas redes sociais, pola outra, serán os…
A Secretaría Xeral da Lingua convocou este 15 de outubro unha nova proba en liña para obter o Celga 4, cun total de 200 prazas, o dobre das ofertadas na primeira experiencia telemática realizada en 2025. O exame celebrarase o 27 de novembro e o prazo de inscrición abrirá este venres, 16 de outubro, e…
O Consello da Cultura Galega (CCG) e a Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega (Alingua) estableceron unha nova vía de colaboración para promover o uso e a normalización do galego a través de actividades culturais, materiais divulgativos e investigacións sobre a situación da lingua. A presidenta do CCG, Dolores Vilavedra, e o presidente de…
A Asociación de Medios en Galego (AMEGA) porá en marcha este mércores 14 de outubro o ciclo 'Os medios do futuro comezan nas aulas', unha iniciativa que percorrerá as facultades de Ciencias da Comunicación das tres universidades galegas co obxectivo de achegar o estudantado de xornalismo á realidade profesional dos medios en galego. As xornadas,…