A Secretaría Xeral da Lingua fixo públicos os resultados definitivos das probas Celga 2024, correspondentes aos niveis Celga 2, Celga 3 e Celga 4. As probas realizáronse durante o mes de novembro en Santiago de Compostela e Ponferrada, e as listaxes poden consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Os exames para a obtención destes certificados de competencia en lingua galega tiveron lugar en diferentes datas (preme nas ligazóns para acceder aos resultados):
- Celga 4: exames dos días 16 e 17 de novembro de 2024:
- Celga 3: exame do día 23 de novembro de 2024.
- Celga 2: exame do día 24 de novembro de 2024.
A resolución publicada este 18 de febreiro de 2025 inclúe as listaxes definitivas de persoas aptas e non aptas en cada nivel. As persoas interesadas poden consultar os seus resultados a través das canles oficiais da Secretaría Xeral da Lingua ou nos gabinetes provinciais de normalización lingüística en A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.
Para calquera consulta ou dúbida relacionada co proceso, a Secretaría Xeral da Lingua pon a disposición os teléfonos 881 996 313 / 881 996 308 / 881 996 307 e o correo electrónico sxpl.probascelga@xunta.gal