Lucas preséntase como músico, acordeonista e saxofonista, natural de Redondela, e define con sinxeleza o seu perfil persoal. Mais hai un proceso de fondo que mudou a súa relación coa lingua propia do país. Hoxe identifícase como neofalante, algo que asimiu logo dunha etapa vital fóra de Galicia.
O punto de inflexión produciuse cando marchou…
O médico de familia Miguel López del Pueyo, nado en Logroño (A Rioxa), chegou a Galicia no verán de 2017. A súa mudanza estivo motivada por unha relación persoal: coñeceu unha muller galega, iniciou unha relación e decidiu establecerse no país. Desde entón desenvolve a súa actividade profesional como facultativo no Punto de Atención Continuada…
A xornalista Ainhoa Apestegui leva máis de dúas décadas vivindo en Galicia, un tempo no que non só desenvolveu a súa carreira profesional nos medios de comunicación, senón no que tamén incorporou o galego á súa vida cotiá ata convertelo nunha lingua habitual de uso. Nada en Pamplona (Navarra), chegou a Compostela a finais dos…
Ana Victoria chegou por primeira vez a Galicia en 2023 para cursar un máster en Santiago de Compostela. Tras concluílo, regresou ao Perú, mais a súa vida quedou xa vencellada a esta terra: alí coñecera a súa actual parella, galego, que posteriormente conviviu case un ano con ela e coas súas dúas fillas no seu…
O galego continúa a gañar peso na actividade docente da Universidade de Santiago de Compostela e acada xa o 29,2% das horas impartidas, a porcentaxe máis elevada de toda a serie histórica. Así o recolle o 'Informe sobre o Uso do Galego', elaborado polo Servizo de Normalización Lingüística (SNL) a partir dos datos do último curso…
Marcos Federico Fresl Martínez naceu en Bos Aires, medrou entre voces, músicas e lembranzas dunha Galicia que nunca vira, mais que formou dnsde sempre parte esencial da súa vida. Actualmente reside en Mar del Plata, onde traballa no sector da informática e o desenvolvemento, aínda que boa parte da súa identidade está ligada a outro…
Chegado dende a Vila Joiosa, no sur do País Valencià, Jaume Silvestre presenta unha traxectoria marcada pola docencia e polo contacto constante coas linguas. Formado en filoloxía inglesa e catalá na Universidade de Alacant, marchou a Inglaterra para exercer como lector de catalán antes de instalarse en Catalunya, onde traballou durante anos como profesor desta…
Christian Lucas (@ elvenegalle) chegou a Galicia hai unha década, procedente de Venezuela, o país onde naceron el e os seus irmáns despois de que os seus pais, emigrantes portugueses, fixesen daquel territorio o seu fogar. “Son venezolano cen por cento, aínda que con sangue portuguesa”, explica cando fala da súa orixe, que resume como…