O Servizo de Normalización Lingüística da USC vén de publicar un kit de terminoloxía de óptica oftálmica co obxectivo de difundir e consolidar o uso do galego neste ámbito científico e profesional. O material foi desenvolvido en colaboración coa Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Óptica e Optometría e está…
O colexio Os Tilos, no concello de Teo, acolleu este martes o acto de clausura da oitava edición de 21 días co Galego e +, un programa de fomento do uso da lingua galega impulsado pola Xunta de Galicia e desenvolvido durante este curso en dez centros educativos de Galicia que participaron de…
A situación do galego na Universidade de Vigo presenta, como no resto de universidades galegas, luces e sombras, segundo a análise realizada por Beni Salgado, responsable da Área de Normalización Lingüística da institución. Sen achegar polo momento cifras pechadas, Salgado define o escenario como unha “botella medio chea”, cun marco normativo e administrativo favorábel, mais…
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) da Escola Oficial de Idiomas de Ferrol celebrou este martes unha xornada marcada pola alta participación e pola diversidade de actividades destinadas a fomentar o uso do galego entre o alumnado. A iniciativa máis destacada da mañá foi unha nova edición dos “Petiscos de convivencia”,…
O Dicionario da Real Academia Galega pechou o ano 2025 con case 32 millóns de consultas, consolidándose como o principal recurso dixital de referencia para a lingua galega. A edición en liña desta obra lexicográfica rexistrou unha media diaria de preto de 87.000 buscas, realizadas tanto a través do portal academia.gal como da aplicación móbil…
O sábado 31 de xaneiro tivo lugar en Santiago de Compostela a primeira edición das xornadas ‘(Re)unidas pola Língua’, unha iniciativa promovida pola AGAL coa finalidade de abrir un espazo de reflexión colectiva arredor do neofalantismo, a normalización lingüística e o papel da lusofonía no presente e no futuro do galego. A sesión matinal desenvolveuse…
O proxecto Modo Galego, actívao! reafírmase este ano como unha das principais iniciativas de promoción do uso do galego no ámbito educativo en Ames. A cuarta edición do programa, impulsada pola Real Academia Galega e o Concello de Ames , estase a desenvolver ata o vindeiro 6 de febreiro e implica arredor…
A xornalista Ainhoa Apestegui leva máis de dúas décadas vivindo en Galicia, un tempo no que non só desenvolveu a súa carreira profesional nos medios de comunicación, senón no que tamén incorporou o galego á súa vida cotiá ata convertelo nunha lingua habitual de uso. Nada en Pamplona (Navarra), chegou a Compostela a finais dos…