Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

A Mesa leva a Barcelona o apoio europeo ao proceso Lingua Vital

A Mesa pola Normalización Lingüística participou esta fin de semana en Barcelona na Asemblea Xeral da European Language Equality Network (ELEN), unha cita centrada na necesidade de garantir que o desenvolvemento das novas tecnoloxías non comprometa a diversidade lingüística no ámbito europeo. O encontro reuniu representantes de múltiples organizacións e institucións comprometidas coa defensa das…

“Decateime de que a presenza do galego aqui non era tan boa como pensaba”: a ollada dun docente valenciano sobre a nosa lingua

Chegado dende a Vila Joiosa, no sur do País Valencià, Jaume Silvestre presenta unha traxectoria marcada pola docencia e polo contacto constante coas linguas. Formado en filoloxía inglesa e catalá na Universidade de Alacant, marchou a Inglaterra para exercer como lector de catalán antes de instalarse en Catalunya, onde traballou durante anos como profesor desta…

Alingua: a rede que quere sacar os servizos de normalización da soidade e da precariedade

No Consello da Cultura Galega, no marco do XXVII Encontro para a normalización lingüística, Conchi Cochón Rodríguez debuxou unha panorámica de case tres décadas de traballo conxunto arredor da lingua galega dende os concellos e resumiu a filosofía que sostén Alingua, a Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega, nacida en 2019 para dar estrutura…

O Dicionario da RAG medra con cen novas voces e amplía familias léxicas

O Dicionario da Real Academia Galega incorpora un cento de novas voces na súa última actualización, un proceso co que a institución continúa ampliando e afinando esta ferramenta fundamental para o uso e estudo da lingua. Entre as incorporacións destacan palabras que completan familias léxicas xa presentes, como antiincendios, bucinada, descifraxe / desciframento, estudantado, polifacetismo,…

A plataforma Queremos Galego denuncia que só o 0,09% dos orzamentos da Xunta se dedica á lingua

A plataforma Queremos Galego denunciou esta mañá que os orzamentos da Xunta para 2026 “confirman que o Goberno galego non ten intención de enfrontar a emerxencia lingüística”. O voceiro da entidade, Marcos Maceira, advertiu en rolda de prensa que “a ausencia de calquera referencia á lingua na lei de medidas fiscais que acompaña os orzamentos,…