O número de persoas que estuda galego de forma oficial na rexión do Bierzo, en Zamora e León, ascende a 1.173, un 5 % máis que no curso pasado, segundo confirmou este xoves o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
Nestas xornadas, organizadas no marco das celebracións do Día do Galego no Bierzo pola Comisión Cultural Martín Sarmiento,…
O Goberno galego deu luz verde á renovación dos convenios de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e as universidades brasileiras de São Paulo e Río de Janeiro para "a docencia, investigación e promoción da lingua, literatura e cultura galegas".
A través destes acordos, as universidades asinantes comprométense a dar continuidade aos…
Adela Figueroa Panisse falou castelán ata que chegou á universidade, onde sentiu o estigma.
Aínda así, sempre tivo claro que defender o galego era unha loita, que ademais se parecía á do feminismo.
Explica que moitas mulleres, pola situación de discriminación por ser mulleres e falar en galego, decidiron non transmitir a lingua ás súas crianzas, o…
Os Cursos de lingua e cultura galegas “Galego sen fronteiras” volverán traer este verán a Santiago de Compostela alumnado de todo o mundo para aprender o idioma de Galicia, tras a interrupción desta actividade por mor da pandemia. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 3 de abril e o programa desenvolverase do 3…
Christoph Schreinmoser é da Baviera, Alemaña. Veu vivir á Coruña, onde está facendo un doutoramento en Dereito.
Gústalle moito a lingua galega e sentiu un grande apoio cando a empezou a falar, aínda que nota o estigma existente na sociedade.
A el, falar galego, di, "faime sentir que este país é a miña segunda casa".
Artigo de Henrique Monteagudo, sociolingüista e secretario da Real Academia Galega
Convocado por Nacións Unidas e a UNESCO, a súa organización específica para a cultura, o 21 de febreiro celébrase en todo o planeta o Día internacional da lingua materna, que o ano en curso ten como lema «A Educación multilingüe: unha necesidade para transformar…
Ana Isabel Novoa López naceu en Venezuela pero creceu na Limia.
Comezou a falar en galego polo seu traballo e agora afirma que "pensa e sente en galego".
Di que é importante falar galego "porque é parte da nosa cultura" e loitar contra o estigma como o que tiñan os seus pais, que crían que o galego…
Rubén González é de Ourense pero creceu en Vigo, onde case todo o mundo falaba castelán.
Despois, marchou cara a Sigüeiro, onde se falaba máis galego, así comezou en serio o seu cambio.
Co nacemento do seu fillo en 2015, decidiu implantar o galego na súa vida de forma cotiá para transmirlle esta lingua ás seguintes xeracións.
Sobre…