Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Beatriz Dourado recibe o Premio Arume de Poesía para a Infancia

A obra Latextos, de Beatriz Dourado, foi a escollida polo xurado como receptora do Premio Arume de Poesía para a Infancia, convocado pola Fundación Neira Vilas e os colaboradores Deleite e a asociación Galix. A gala de entrega ten lugar este venres a partir das 19:00 horas en Santiago de Compostela, nas instalacións do Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura.

A publicación da escritora, filla e neta de emigrantes galegos, destacou entre todas as propostas presentadas pola súa intelixencia e suxestión no “uso de recursos diversos como onomatopeas, anáforas ou metáforas que constrúen un universo poético engaiolante para o público novo”. A composición poética, ademais, conta cun rexistro musical implícito e foi acompañada, con “creatividade”, de caligramas, trabalinguas, palíndromos e dun variado acompañamento gráfico e icónico. Máis información en LaVozDeGalicia.com.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.