Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

O compostelano Alberto Ramos recibe o Premio de Narrativa Breve Repsol

Este martes, na sede da Fundación Paideia Galiza en A Coruña, a obra Pirotecnia do escritor compostelano Alberto Ramos foi a galardoada co Premio Narrativa Breve Repsol en Lingua Galega, dotado de 12.000 euros e coa súa publicación por parte da Editorial Galaxia. A obra pódese atopar xa nos estantes das librerías.

A traxectoria de Ramos como escritor, logo de se graduar en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, foi iniciada na sección cultural do diario Xornal de Galicia. Tras o seu peche, continuou a colborar en medios como Praza, Nós Diario ou Luzes, especializándose na comunicación cultural. Actualmente, traballa na Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).

No ámbito literario, a súa andadura parte coa publicación de Dor pantasma no 2006, co que se fixo receptor do premio Biblos-Pazos de Galicia de novela. No 2009 volve ser receptor dun galardón, do Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia, coa obra Con acuse de recibo.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.