Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

A política lingüística en Galicia, a análise na Deputación de Pontevedra este mércores

A Facultade de Filoloxía Tradución da Universidade de Vigo organiza, para este mércores 12 de decembro, unha mesa redonda sobre as políticas da lingua galega na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo. Ás 19:00 horas da tarde ten comezo o encontro, ao que se pode acudir de balde e sen necesidade de inscrición previa, que se artella baixo o lema ‘Análise da política lingüística aplicada en Galicia ante os últimos resultados do IGE’.

Por roldas de voz, na mesa intervirán o sociólogo hindú Anik Nandi, o historiador e activista lingüístico Marcos Maceira e o lingüista Xosé Henrique Costas. O evento está dirixido a entidades colaboradoras, estudantes e medios, así como para calquera persoa que queira presenciarse.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.