Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Das aldeas sepultadas polos encoros aos nomes esquecidos: a RAG analiza este sábado a desaparición da toponimia galega

A transformación da paisaxe galega como consecuencia da construción de encoros, da actividade industrial, das explotacións mineiras ou do desenvolvemento urbanístico non só modifica o territorio, senón que tamén pode provocar a desaparición dos nomes tradicionais cos que a poboación identificou durante séculos os seus espazos. Esta relación entre os cambios ambientais e a perda…

Boimorto busca recuperar os nomes da súa terra coa axuda de maiores e escolares

A campaña 'Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra' fará parada este venres en Boimorto cunha sesión que procurará implicar distintas xeracións na conservación dos nomes tradicionais do territorio. A actividade celebrarase a partir das 11.00 horas na Casa da Cultura e reunirá alumnado do CPI Armando Cotarelo Valledor, persoas usuarias do Centro de Maiores…

Os nomes que devoran as canteiras, os encoros e as urbanizacións: a RAG pon o foco na toponimia en perigo na XI Xornada de Onomástica

A desaparición dunha pedra, dun camiño, dunha fonte ou dunha veiga pode supoñer algo máis que unha transformación física da paisaxe. Co elemento do territorio pode desaparecer tamén o nome co que unha comunidade o identificou durante xeracións, especialmente cando se trata de microtopónimos que non contan coa protección administrativa reservada aos nomes oficiais dos…

Toponimízate chega ao Bolo para recuperar coa veciñanza os nomes tradicionais da súa paisaxe

A campaña Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra chegará o próximo martes 25 de agosto ao concello ourensán do Bolo cunha nova sesión destinada a divulgar o valor da toponimia tradicional e, sobre todo, a conseguir que a propia veciñanza participe na recuperación dos nomes de leiras, montes, camiños, fontes, regos, penedos e outros…

A castelanización histórica deixou unha pegada profunda nos apelidos: o 19% das formas presentes en Galicia son españolas e outro 7% híbridas

A substitución do galego polo castelán na documentación escrita a partir do século XVI deixou unha pegada que continúa sendo visible nos nomes e apelidos da poboación. Unha parte importante dos apelidos orixinariamente galegos foi traducida, modificada foneticamente ou adaptada morfoloxicamente ao castelán durante os séculos seguintes, un proceso que a filóloga e académica Ana…

TOPOGAL renóvase para reunir nunha única ferramenta toda a toponimia galego-portuguesa

A toponimia constitúe unha das principais expresións do patrimonio lingüístico e cultural dun territorio. Cada nome de lugar conserva información sobre a historia, a paisaxe, a lingua ou as comunidades que o habitaron ao longo dos séculos. Co obxectivo de facilitar o acceso a ese enorme patrimonio, a Asociación Galega da Língua (AGAL) presentou unha…

Valdoviño chama á veciñanza a rescatar os nomes de leiras, fontes e fragas a través de Galicia Nomeada

O municipio de Valdoviño acollerá este venres a primeira sesión deste ano da campaña 'Toponimízate, Falámosche dos nomes da túa terra', unha iniciativa impulsada pola Real Academia Galega e a Secretaría Xeral da Lingua para promover a recuperación, conservación e difusión da toponimia galega. A actividade celebrarase na Casa da Cultura, a partir das 19:30 horas,…