O Consello da Cultura Galega presentou o proxecto 'Un país coa súa lingua. Foro participativo', unha iniciativa que busca promover un diálogo aberto e plural sobre o futuro do galego en diferentes ámbitos da sociedade. O proceso incluirá sete mesas de traballo e culminará no outono de 2025 cun documento de propostas concretas para avanzar…
Representantes de sindicatos, confederacións de ANPAs e movementos de renovación pedagóxica reuníronse este mércores en Santiago de Compostela para expresar a súa inquietude sobre a situación do galego no ensino. Os colectivos consideran que a lingua está nunha situación preocupante, pero insisten en que "todo é reversíbel se se activan todas as ferramentas sociais e…
O proxecto de dinamización lingüística Modo galego, actívao!, impulsado pola Real Academia Galega (RAG) e o Concello de Ames, chega á súa terceira edición con novas propostas para incentivar o uso do galego na infancia e na adolescencia. A iniciativa, que naceu tras o Mapa sociolingüístico escolar de Ames (2021), busca implicar tanto o alumnado…
O Festival Converxencias Portugal-Galicia celebrará a súa 11ª edición cunha programación diversa que terá lugar entre o 3 de febreiro e o 15 de marzo en distintas localidades de Galicia e do norte de Portugal. A iniciativa, segundo explicou o secretario xeral da Lingua, Valentín García, busca "reforzar os lazos entre o galego e o…
O Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) celebrará o próximo 9 de febreiro unha asemblea para debater e analizar ferramentas ante "a emerxencia lingüística do galego". Nun almorzo informativo este luns, o secretario de Organización, Miguel Paz, sinalou que o obxectivo é que os docentes non queden "pechados" nas sedes dos sindicatos ou nos centros…
O Pazo da Cultura de Narón acolleu a entrega dos Premios Youtubeiras+ 2024, nos que se recoñeceu o traballo de creadores de contidos dixitais en YouTube e TikTok que empregan o galego como ferramenta de comunicación. A gala, presentada por Javi Sánchez, contou coa actuación do grupo De Ninghures e serviu para destacar a diversidade…
A presenza da lingua galega nos cemiterios de Galicia está a experimentar un progresivo rexurdimento tras séculos de ausencia nos epitafios. A través dun traballo de investigación en múltiples camposantos, diversos expertos e voluntarios están a analizar o uso do galego nas inscricións funerarias, constatando unha tendencia ao incremento de palabras como "muller", "home", "fillos"…
O modelo de intelixencia artificial DeepSeek, desenvolvido en China, está a chamar a atención polo seu manexo fluído do galego. Este chatbot de código aberto e acceso gratuíto non só permite conversas na lingua propia de Galicia sen apenas erros, senón que tamén ofrece reflexións sobre a súa situación e desafíos futuros.
Probado pola redacción de…