Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Amieiro, abeneiro ou umeiro? Un percorrido dialectal pola árbore das ribeiras

O amieiro (Alnus glutinosa), tamén coñecido como ameneiro, abeneiro ou umeiro, é moito máis ca unha simple árbore de ribeira. A súa presenza ao longo dos cursos fluviais de Galicia non só contribúe a manter ecosistemas húmidos e biodiversos, senón que tamén revela a riqueza dialectal do galego. Segundo o Atlas Lingüístico Galego (ALGa), elaborado…

O novo dicionario das aves en galego: unha ferramenta para a ornitoloxía e a divulgación científica

A Real Academia Galega (RAG) puxo á disposición do público o novo dicionario en liña Nomes galegos das aves de Galicia e de España, unha ferramenta que busca facilitar a comunicación especializada en ornitoloxía en lingua galega. A obra, dispoñible na páxina web da RAG, foi coordinada polo investigador do Instituto da Lingua Galega (ILG),…

Estalotes, troques, estoupes… Esta planta ten máis de 30 nomes en galego. Cales deles coñecías?

Cando paseamos polos montes e camiños de Galicia é frecuente atopar unha planta de flores tubulares e vistosas, que penduran en longos racimos de cor rosada ou violácea. Trátase da planta coñecida polo seu nome científico como Digitalis purpurea, unha especie moi común na nosa paisaxe que, curiosamente, recibe unha ampla variedade de nomes segundo…

Sabes de onde saen os nomes galegos das personaxes da grande literatura galega?

A Real Academia Galega celebra este sábado no Museo de Pontevedra o VII Xornada de Onomástica Galega, dedicada á relación entre os nomes propios e a literatura. A inauguración estará a cargo do presidente da RAG, Víctor F. Freixanes; a coordinadora do programa, a académica Luz Méndez; a deputada de Lingua, María Ortega; e o director do Museo…

“Francos”… buscando a toponimia que trouxeron as rutas xacobeas

Un congreso internacional impulsado pola Real Academia Galega (RAG) abordará a toponimia no Camiño de Santiago, con participación de investigadores de distintos países. O encontro terá lugar do 21 ao 23 de setembro, na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Con participación de especialistas tanto galegos como do resto de España e…