Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

O ensino galego reclama unha reforma lingüística e apoia a manifestación do 23F

Representantes de sindicatos, confederacións de ANPAs e movementos de renovación pedagóxica reuníronse este mércores en Santiago de Compostela para expresar a súa inquietude sobre a situación do galego no ensino. Os colectivos consideran que a lingua está nunha situación preocupante, pero insisten en que "todo é reversíbel se se activan todas as ferramentas sociais e…

Alta participación no proxecto ‘Modo galego, actívao!’, que fortalece o uso da lingua en Ames

O proxecto de dinamización lingüística Modo galego, actívao!, impulsado pola Real Academia Galega (RAG) e o Concello de Ames, chega á súa terceira edición con novas propostas para incentivar o uso do galego na infancia e na adolescencia. A iniciativa, que naceu tras o Mapa sociolingüístico escolar de Ames (2021), busca implicar tanto o alumnado…

STEG contundente ante a emerxencia lingüística: “A batalla faise nas rúas, nos parlamentos e tamén en cada centro”

O Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) celebrará o próximo 9 de febreiro unha asemblea para debater e analizar ferramentas ante "a emerxencia lingüística do galego". Nun almorzo informativo este luns, o secretario de Organización, Miguel Paz, sinalou que o obxectivo é que os docentes non queden "pechados" nas sedes dos sindicatos ou nos centros…

Sara Seco, Prado Rúa, Luis do Río… Estes son algúns dos gañadores dos premios Youtubeiras+

O Pazo da Cultura de Narón acolleu a entrega dos Premios Youtubeiras+ 2024, nos que se recoñeceu o traballo de creadores de contidos dixitais en YouTube e TikTok que empregan o galego como ferramenta de comunicación. A gala, presentada por Javi Sánchez, contou coa actuación do grupo De Ninghures e serviu para destacar a diversidade…

Descubre neste mapa interactivo como o galego vai recuperando presenza nos cemiterios

A presenza da lingua galega nos cemiterios de Galicia está a experimentar un progresivo rexurdimento tras séculos de ausencia nos epitafios. A través dun traballo de investigación en múltiples camposantos, diversos expertos e voluntarios están a analizar o uso do galego nas inscricións funerarias, constatando unha tendencia ao incremento de palabras como "muller", "home", "fillos"…

A intelixencia artificial DeepSeek responde en galego e analiza a situación do idioma

O modelo de intelixencia artificial DeepSeek, desenvolvido en China, está a chamar a atención polo seu manexo fluído do galego. Este chatbot de código aberto e acceso gratuíto non só permite conversas na lingua propia de Galicia sen apenas erros, senón que tamén ofrece reflexións sobre a súa situación e desafíos futuros. Probado pola redacción de…