Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

O investigador bengalí Anik Nandi analiza o papel das familias na supervivencia do galego nunha nova conferencia en Vitoria

A Facultade de Letras da Universidade do País Vasco acollerá o vindeiro 17 de abril ás 11:00 horas, na aula 1.06, a conferencia titulada ‘A transmisión interxeracional do galego. Micropolíticas lingüísticas familiares de mantemento e convivencia’, impartida polo sociolingüísta e investigador bengalí Anik Nandi.

A intervención centrarase na análise das prácticas lingüísticas no ámbito familiar, consideradas un elemento clave para comprender os procesos de transmisión dunha lingua en situación de desvantaxe social. Segundo o enfoque da conferencia, nunha sociedade bilingüe cada persoa adulta desenvolve as súas propias crenzas e hábitos arredor da elección lingüística no fogar, o que inflúe directamente na continuidade do idioma entre xeracións.

O principal obxectivo da sesión será investigar as estratexias de transmisión interxeracional do galego, con especial atención aos contextos urbanos e periurbanos, onde se producen dinámicas sociolingüísticas específicas. Para iso, o relatorio baséase en entrevistas realizadas a proxenitores favorables ao uso do galego, que cursaron estudos a partir de 1975 e que viviron de primeira man a implantación das primeiras políticas lingüísticas no marco da Autonomía.

Leave a comment

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.