Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

A Xunta lanza bolsas para lectores de galego en seis universidades de España e do estranxeiro

O Consello da Xunta aprobou este luns a convocatoria de seis bolsas de formación para lectores de lingua galega en universidades situadas dentro e fóra do Estado español. A iniciativa, impulsada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, ten como obxectivo principal promover a lingua, literatura e cultura galegas no exterior, ao tempo que ofrece…

Nova liña de subvencións para entidades que promovan o galego na provincia de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra vén de abrir o prazo para solicitar as axudas dirixidas a entidades sen fins de lucro da provincia para o financiamento de actividades de dinamización da lingua galega. A convocatoria, publicada no Boletín Oficial da Provincia, conta cun orzamento de 150.000 euros e diríxese a programas que se desenvolvan durante todo…

Premios Mil Primaveras 2025: catro proxectos que sementan galego dende a infancia ata a vida diaria

O pasado 8 de abril reuniuse o xurado dos Premios Mil Primaveras, convocados pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), para escoller os proxectos galardoados na súa sexta edición. Logo de analizar 36 propostas, decidiu premiar as iniciativas 'Galego para peques', 'Vitamina G', 'Brazolinda' e 'Nodo galego, actívao!'. Estes premios, sen dotación económica,…

O galego entre a mocidade, a variación dialectal e o patrimonio medieval: as tres liñas de estudo da Xunta e a USC

A Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) renovaron a súa colaboración para fomentar a investigación lingüística en galego a través dun convenio de catro anos que conta cunha dotación de 900.000 euros. O acordo, aprobado este luns polo Consello da Xunta, supón un incremento de 20.000 euros respecto ao financiamento…

(VÍDEO) Vitamina-G, a iniciativa que esperta o galego na mocidade: “Os nenos e nenas son os protagonistas do seu propio cambio lingüístico”

O proxecto Vitamina-G, creado na aula de 5ºC do CEIP Sagrada Familia da Coruña, aposta por un enfoque innovador para a aprendizaxe do galego. A través da creación de vídeos e contidos para redes sociais, o alumnado explora o idioma dunha forma dinámica e atractiva, converténdose nos protagonistas da súa propia aprendizaxe lingüística. A iniciativa,…