A Real Academia Galega (RAG) puxo á disposición do público o novo dicionario en liña Nomes galegos das aves de Galicia e de España, unha ferramenta que busca facilitar a comunicación especializada en ornitoloxía en lingua galega. A obra, dispoñible na páxina web da RAG, foi coordinada polo investigador do Instituto da Lingua Galega (ILG),…
A Fundación Neira Vilas busca impulsar a dramaturxia en galego co IV Premio Anisia Miranda de Teatro
A Fundación Xosé Neira Vilas anunciou a convocatoria da cuarta edición do Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia, un certame que ten como obxectivo fomentar a creación de textos dramáticos en galego para público infantil. A iniciativa conta co apoio da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e pretende suplir a…
O Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) celebrará o próximo 9 de febreiro unha asemblea para debater e analizar ferramentas ante "a emerxencia lingüística do galego". Nun almorzo informativo este luns, o secretario de Organización, Miguel Paz, sinalou que o obxectivo é que os docentes non queden "pechados" nas sedes dos sindicatos ou nos centros…
A literatura galega atopa novos xeitos de difundirse no ámbito dixital, como é o caso de David, un creador de contido en TikTok que comparte recomendacións literarias en galego desde a súa conta, @dass_slayer. David, quen iniciou esta actividade no verán pasado, utiliza a súa paixón polos libros para promover tanto obras escritas en galego…
Na mesa redonda ‘Emerxencia lingüística e perspectivas de acordo arredor da lingua galega’, celebrada este sábado no marco das IV Xornadas de Normalización Lingüística, expertos de diversas institucións analizaron a crítica situación da lingua galega e debateron propostas para garantir a súa supervivencia. Os participantes coincidiron en que a transmisión xeracional e os ámbitos educativos…
O Consello da Cultura Galega (CCG) presentou o informe 'Competencias e usos das linguas cooficiais en España. O galego en perspectiva comparada', que destaca unha preocupante tendencia á baixa nas competencias lingüísticas en galego entre as xeracións máis novas de Galicia. Elaborado polo Observatorio da Cultura Galega (OCG), o estudo analiza a situación do galego…
Tal día coma hoxe, o 7 de xaneiro de 1950, morría no exilio bonaerense Afonso Daniel Rodríguez Castelao. Membro de número da Real Academia Galega, a institución dedicoulle en 1964 o segundo Día das Letras Galegas. No 75 aniversario do seu pasamento, a RAG súmase ás celebracións que lembrarán a súa figura e o seu…
Máis misais en galego nas igrexas do país. Ese é o obxectivo dun convenio entre a Consellería de Cultura e o Arcebispado de Santiago para tentar concienciar tamén aos curas da necesidade de potenciar e usar o noso idioma nos rituais relixiosos. Por iso acabase de publicar unha nova versión actualizada e revisada do Misal…