O simposio anual do Instituto da Lingua Galega da USC (ILG) desenvolverase do 28 ao 30 de novembro baixo o lema 'Contacto de linguas: identidades e ideoloxías lingüísticas'. O encontro abordará o papel das identidades e das ideoloxías lingüísticas nas dinámicas de variación e mudanza lingüística en contextos de contacto lingüístico. O prazo para formalizar…
A Asociación Galega de Editoras (AEG)critica un ano máis as axudas á tradución de obras literarias da Xunta de Galicia, cuxa convocatoria vén de presentarse. A Orde de axudas públicas á tradución de 2022 presenta unhas serie de defectos, como compartiu o responsable da editorial Hugin e Munin, Alejandro Tobar.
Priorizar a orde de chegada…
O programa municipal Falamos secundaria centrará a súa edición de 2026 nun dos espazos nos que boa parte da mocidade pasa diariamente varias horas pero onde o galego compite cunha oferta moi superior noutras linguas: Internet e as redes sociais. O Concello da Coruña ofrecerá o 28 de outubro dúas sesións de O galego nas…
O catedrático emérito de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela Antón Santamarina Fernández recibiu este mércores o IX Premio Luís Porteiro Garea, co que a USC recoñece a súa contribución ao coñecemento, estudo e normalización da lingua galega. A Universidade salientou o seu papel como unha das figuras da lingüística galega contemporánea e…
O Festival Maré celebrará entre o 23 e o 27 de setembro a súa sétima edición en Santiago de Compostela cun programa que combinará música, encontros, obradoiros e propostas participativas arredor da diversidade cultural e lingüística. A cita reunirá artistas procedentes de máis de 16 países e contará con representación de 12 linguas, nunha programación…
Aprender galego a máis de 2.000 quilómetros de Galicia e comprobar despois como esa lingua estudada durante meses aparece nos carteis dun comercio, nun museo, nunha universidade ou nunha conversa cun condutor de autobús. Ese foi un dos cambios de perspectiva que experimentou un grupo de estudantes do Centro de Estudos Galegos (CEG) da Christian-Albrechts-Universität…
Os concellos de Ames, Carballo, A Coruña e Santiago de Compostela poñen en marcha dende setembro novas programacións de Apego, o proxecto de dinamización lingüística dirixido principalmente ás familias con crianzas de 0 a 6 anos. Contos, música, teatro, psicomotricidade, obradoiros creativos, ciencia ou actividades arredor da natureza serán utilizados durante os próximos meses como…
A faceta de Emilia Pardo Bazán como precursora da literatura criminal e policial en España será o eixo da xornada coa que a Casa-Museo que leva o seu nome conmemorará o vindeiro 16 de setembro os 175 anos do nacemento da escritora coruñesa. O encontro combinará investigación académica, literatura contemporánea e música para revisar o…