A cultura galega e portuguesa converterase no eixo dun concurso de pódcasts dirixido ao alumnado dos dous territorios, que busca promover a creación de contidos sonoros relacionados co patrimonio cultural compartido. A convocatoria está aberta a estudantes de educación primaria, secundaria e outros niveis de ensino, que poderán presentar os seus traballos ata o 13…
O Concello de Ames pechará este venres o prazo de participación no VII Certame Galetiktokers, unha iniciativa destinada a fomentar a creación de contidos audiovisuais en galego e ampliar a presenza da lingua nas redes sociais. A convocatoria está aberta a persoas a partir dos 13 anos, sen necesidade de residir no municipio, e repartirá un…
O Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) celebrará durante o mes de novembro dous encontros científicos dedicados ao estudo das linguas desde diferentes perspectivas. A evolución e os cambios lingüísticos, por unha banda, e a presenza do galego e doutras linguas minorizadas nas redes sociais, pola outra, serán os…
Cangas celebrará os días 2 e 3 de outubro as II Xornadas do Galego no Videoxogo e Uso Saudable, unha iniciativa que combinará a presenza da lingua na cultura dixital coa divulgación sobre os hábitos de consumo de videoxogos entre nenos, nenas e adolescentes. A proposta está especialmente dirixida ás familias e incluirá tamén a…
A iniciativa LGx15. Ideas para o futuro da lingua celebrará o vindeiro sábado 10 de outubro, ás 19.00 horas, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, a súa duodécima edición. O encontro reunirá seis novas intervencións arredor do presente e do futuro do galego, con propostas que abordarán ámbitos como o deporte, a educación, a…
Hai unha Galicia que queda a milleiros de quilómetros da Península Ibérica, no barrio porteño de Balvanera. Alí, entre o tráfico, os comercios e a diversidade cultural dunha das zonas máis concorridas de Bos Aires, un grupo de rapaces aprende galego, estuda a historia e a xeografía de Galicia, celebra o Samaín, baila muiñeiras e…
Os grupos parlamentarios do PPdeG e do PSdeG asinaron este xoves un acordo para modificar a proposta de actualización do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG) presentada o pasado mes de xullo. O pacto conta tamén co apoio de Democracia Ourensana e introduce seis modificacións no documento, ademais de oito acordos complementarios, segundo…
A Real Academia Galega (RAG) entregou este mércores ao IES Rafael Dieste da Coruña o Premio 'Na lingua que eu falo', un recoñecemento destinado a iniciativas que destacan polo seu traballo a prol da normalización do galego. O galardón recaeu nesta ocasión no proxecto 'Aquí tamén se fala!' (ATSF), impulsado desde o propio centro educativo…