Un novo estudo publicado en Estudos de Lingüística Galega analiza a presenza das distintas linguas no espazo público de Vigo e conclúe que o castelán continúa sendo a lingua maioritaria na sinalización da cidade, cunha diferenza especialmente marcada entre os carteis promovidos por institucións públicas e os creados por empresas, comercios ou particulares. A investigación…
Unha empresa pode ter propietarios galegofalantes, empregados que utilizan habitualmente o galego entre eles e mesmo desenvolver a súa actividade nun sector no que o idioma está presente de maneira espontánea. Porén, ao cruzar a porta da oficina, atender unha chamada ou elaborar unha factura, o castelán pode converterse automaticamente na lingua de traballo.
Situacións…
O investigador do ILG da USC Xulio Sousa e as profesoras da Facultade de Matemáticas e investigadoras do CITMAga María José Ginzo Villamayor e Rosa Crujeiras acaban de publicar un artigo na revista Names: A Journal of Onomastics que axuda a desvelar as conexións entre os apelidos, a variación dialectal e a organización histórica de Galicia.…
A Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) renovaron a súa colaboración para fomentar a investigación lingüística en galego a través dun convenio de catro anos que conta cunha dotación de 900.000 euros. O acordo, aprobado este luns polo Consello da Xunta, supón un incremento de 20.000 euros respecto ao financiamento…
O 53,6 % das familias galegas que se comunican habitualmente tanto en galego como en castelán consideran que non hai ningún idioma discriminado en Galicia, segundo recolle unha enquisa encargada pola Xunta de Galicia. A sondaxe 'Enquisa Percepción Social do Galego', realizado por Sondaxe, presentouse este xoves na Cidade da Cultura da man do conselleiro de…
A Real Academia Galega (RAG) incorporou ao seu catálogo de libros dixitais un volume que recolle os relatorios presentados na IX Xornada de Onomástica Galega, celebrada o pasado 19 de outubro no Museo de Pontevedra. O tema central do encontro foron os chamados "outros nomes", aqueles que non designan persoas nin lugares, cunha atención especial…
A filóloga chantadesa Tania Vázquez García está a desenvolver unha investigación sobre o emprego do galego nas lápidas funerarias dos cemiterios de Chantada. O traballo forma parte do proxecto 'Palabra e Memoria', liderado polo xornalista David Canto Veiga, que ten como obxectivo recompilar datos de diferentes zonas galegofalantes, incluíndo Galicia, o occidente de Asturias, O…
Un estudo da Real Academia Galega (RAG) constatou que as dinámicas de desgaleguización nas novas xeracións inícianse "moi cedo", nos primeiro anos de escolarización, e que "afecta o proceso de adquisición da fala. A RAG continúa coa análise dos elementos que inflúen no abandono do galego das novas xeracións e amplíao sobre as actividades extraescolares, de…