Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

A Mesa denuncia exclusión do galego por parte da Xunta no proxecto de lei de Intelixencia Artificial

A Mesa pola Normalización Lingüística criticou que o proxecto de lei de Intelixencia Artificial (IA) presentado pola Xunta de Galicia "exclúe o uso do galego", ao non contemplar ningunha referencia á lingua propia nin a súa aplicación en ferramentas tecnolóxicas para a interacción cidadá. Segundo indicou a entidade, o texto presentado establece un marco para o…

Visitas, contidos audiovisuais, música e creación contemporánea… Así foi o exitoso Campus da Regueifa en Vilalba

A primeira edición do Campus da Regueifa, celebrada en Vilalba, reuniu durante tres días a 23 mozos e mozas procedentes de distintas localidades de Galicia, como Vigo, Portosín, Monforte ou Compostela. Entre eles destacou a participación de Celtia Vázquez, representante da Escola da Regueifa de Carballo, consolidando así a comarca de Bergantiños como un dos…

CTNL publica os vídeos do décimo LGx15 con ideas para o futuro da lingua galega

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) compartiu os vídeos da décima edición do LGx15. Ideas para o futuro da lingua, celebrada o pasado 26 de outubro no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Os materiais, dispoñibles na canle de YouTube da CTNL e no web lgx15.gal, recollen cinco intervencións enfocadas en experiencias…

Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura: “O galego vende; se non, non se publicarían libros”

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, afirmou que a cultura galega atravesa un momento de dinamismo e estabilidade, segundo os datos do informe 'A situación da cultura galega' do Consello da Cultura Galega. Durante unha entrevista, Lorenzo destacou sectores como o do libro e o audiovisual como exemplos de crecemento e recuperación tras a…

A Xunta impulsa Xabarín.gal para fomentar o uso do galego entre a infancia

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa CRTVG, presentou hoxe as novidades de Xabarín.gal, unha nova plataforma de contidos en galego destinada á infancia. O obxectivo principal desta iniciativa é promover o uso da lingua galega entre as xeracións máis novas, asociándoa a referentes de entretemento e lecer. O acto de presentación, celebrado…